Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

As actividades desenvolveranse do 30 de xullo ao 19 de agosto

Música, humor, títeres, maxia e teatro no “Verán Cultural” de Ordes

Cultura 26/07/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes ten preparado un amplo programa de actividades enmarcadas dentro do “Verán Cultural” que cada ano se prepara con motivo desta época estival. Unhas actividades que incluirán música, humor, títeres, maxia e teatro para todas as idades. O escenario elexido para a maior parte destes espectáculos será, como vén sendo habitual, a Alameda de Ordes, en pleno centro urbán, aínda que en caso de choiva as que estean programadas ao aire libre trasladaranse á Casa da Cultura.


“Humanose” chega esta semana ás tendas

Dios Ke Te Crew rompe o seu silencio discográfico cun berro contra a humanidade

Cultura 26/07/2011
  Envía a túa opinión

"A civilización humana converteuse no maior virus nunca antes sufrido polo noso planeta”. Sobre este idea central xira Humanose, o novo traballo de Dios Ke Te Crew. Cinco anos despois do seu álbum debut, Xénese, o colectivo de hip hop de Ordes saca á rúa un disco conceptual cheo de autocrítica, aínda que cos toques de retranca marca da casa.


Rubén Cela, este mediodía

A Copa Davis en Santiago, austeridade selectiva, segundo o BNG

Deportes 22/07/2011
  Envía a túa opinión

O portavoz municipal do BNG, Rubén Cela, realizou unha primeira valoración da candidatura de Santiago para albergar as semifinais da Copa Davis. Rubén Cela cualificou de “austeridade selectiva” a intención do Goberno do PP de acoller esta eliminatoria, cando hai “necesidades básicas no deporte mentres se pretenden investir neste evento da Copa Davis 800.000 euros máis os gastos de montaxe que poden duplicar esa cifra”.


O domingo 31 será o día grande con exposición e exhibición de cans e degustación gratuíta de caza

A XIX Feira de Cans de Caza celébrase o 30 e 31 de xullo en Mesón do Vento

Sociedade 18/07/2011
  Envía a túa opinión

Un ano máis Ordes terá como protagonistas aos cans de caza coa celebración da xa tradicional Feira de Cans de Caza que vai xa pola súa décimo novena edición e que organiza o Concello coa colaboración da Asociación Feira de Cans Amigos de Ardemil. Nesta ocasión a feira terá lugar os vindeiros días 30 e 31 de xullo no recinto feiral de Mesón do Vento.


O curso celébrase no Mercado Agrario Comarcal de Mesón do Vento

15 desempregadas ordenses participan nun curso de atención sociosanitaria

Sociedade 07/07/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes deu comenzo esta semana a un curso dirixido a desempregados do municipio. Nesta ocasión trátase dun curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio que se está a celebrar no Mercado Agrario Comarcal de Mesón do Vento e que está subvencionado polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros