Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

González Capón xustificou os asasinatos do franquismo

PSdeG e BNG acordan pedir o cese do alcalde de Baralla

Institucional 24/09/2013
  Envía a túa opinión

As declaracións do alcalde de Baralla, Manuel González Capón, nas que xustificaba os asesinatos dos opositores ao franquismo, volveron ser reprobadas polo Pleno da Deputación Provincial de Lugo cos votos favorabeis de socialistas e nacionalistas. Así, o acordo plenario pide que o Goberno central inclúa na modificación prevista do Código Penal un artigo para tipificar como delito a exaltación do franquismo e calquera declaración que negue ou rebaixe a gravidade da represión da ditadura. Ademais, a resolución demanda dos responsabeis do PP galego e lucense que destitúan dos seus cargos públicos ao alcalde de Baralla, quen nun pleno municipal extraordinario foi ratificado grazas ao apoio dos seus compañeiros no Partido Popular, que goberna con maioría absoluta nese municipio lucense.


Pablo García

Os socialistas escollen candidato

Sociedade 06/09/2013
  Envía a túa opinión

A militancia do PSdeG PSOE escollerá este sábado ao seu próximo secretario xeral e candidato á presidencia da Xunta, entre José Ramón Gómez Besteiro e Manuel Vázquez. Poderán emitir o seu voto nos locais socialistas entre as 12 da mañá e as 20 horas, segundo o regulamento aprobado. Teñen dereito a voto arredor de 8.000 persoas. De xeito paralelo escóllense as delegacións ao Congreso que os socialistas galegos celebran o 29 de setembro.


O presidente visitóu a Galiña Azul de Vilalba

Núñez Feijoo promete 3.500 prazas públicas en escolas infantís

Sociedade 13/05/2013
  Envía a túa opinión

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijoo, manifestou esta mañá na escola infantil de Vilalba que Galicia incrementará 7000 novas prazas públicas de escolas infantín, durante os oito anos da sua xestión. o presidente engadíu:  “Temos o compromiso e a determinación de manter os servizos públicos fronte á crise priorizando as necesidades, e estamos sendo capaces de abrir novos hospitais, novas escolas infantís e novos centros de saúde. En definitiva, conservar, manter e ampliar os servizos públicos esenciais; e, se na anterior lexislatura puxemos a disposición 3.000 novas prazas públicas de escolas infantís, nesta que acabamos de empezar poñeremos a disposición outras 3.500”. Destas 3.500 novas prazas públicas, Feijóo precisou que neste momento 2.000 están planificadas e asinadas en convenios, “e estamos en condicións de finalizar 700 delas  en 2013”, apuntou.


Antonio Reigosa

Antonio Reigosa: “Todo escritor bebe da tradición”

Sociedade 28/04/2013
  Envía a túa opinión

Un rapaz de hoxendía, fillo do seu tempo, non conta con moitas opcións profisionais, nen é moi bó estudiante. O seu pai só lle pode ofrecer o seu oficio. A realidade porálle os pés no chan e a cabeza no saco. Antonio Reigosa explica así a sipnose do seu libro “O aprendiz do home do saco”, unha reflexión que trata de conectar a tradición con situacións posibeis na realidade.


A presentación nos exteriores do MIHL de Lugo

A IV Gala Lvcvs Moda reta a crise coa creatividade

Sociedade 24/04/2013
  Envía a túa opinión

A Gala Lvcvs Moda chega á súa cuarta edición  con fins benéficos e poñendo en valor a creatividade dos lucenses fronte á crise. 5 deseñadores, 14 firmas de artesanía, 7 peluquerías e 18 colaboradores estarán presentes nunha gala retransmitida por diferentes canles de televisión, grazas ó traballo do alumnado de Produción e Realización da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC. Regina Polín, Carmen Basadre e representantes do sector, presentaron a Gala Lvcvs Moda 2013, que suporá un gran impulso económico para a moda e o deseño lucense e cuxa recadación íntegra se destinará ó Fogar do Transeúnte da capital luguesa. Polín destacou que “a imaxinación é unha oportunidade económica de primeiro nivel” e que iniciativas deste tipo deben contar co apoio das institucións porque “poñen en valor a creatividade dos lucenses como medio de loita contra á crise”.
A presentación tivo lugar esta mañá nos exteriores do Museo Interactivo de Historia de Lugo-MIHL, que será precisamente o escenario onde se desenvolverá este evento.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros