Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Concentración de solidaridade co Sáhara en Ferrol (novembro 2010)

Vacacións en paz en As Pontes

Sociedade 06/07/2012
  Envía a túa opinión

O concello de As Pontes recibiu esta mañán aos nenos e nenas saharauis que pasarán as vacacións nesta localidade. O edil de Servizos Sociais, José Alén, presidiu hoxe a recepción oficial aos seis nenos e nenas saharauis que pasarán o verán en As Pontes ao abeiro do programa Vacacións en Paz. O salón de plenos foi o escenario escollido para albergar este acto no que tamén participaron as familias pontesas de acollida que, un ano máis, respostaron ao chamamento do concello para participar neste programa solidario.


Runic formouse en Castellón no 2001.

Runic resucita no Kontrashte Fest de As Pontes

Sociedade 03/07/2012
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A Asociación xuvenil Kontrashte celebrará este sábado a segunda edición do seu festival de rock: o Konstrashte Fest  que conta co respaldo do Concello de As Pontes- A Coruña- a través do departamento municipal de Xuventude. A cita, que terá como escenario a Canle IV, contará cun entretido programa de actividades que se abrirá ás 17.00 horas cunha exhibición de jugger, un  deporte que está a cabalo entre o fútbol americano e o hockey, cos xogadores empuñando diversos elementos de loita, agás o portador do balón. Xa ás 21.00 horas arrincarán os concertos con varios dos mellores grupos galegos de metal.


O centro pontés, Moncho Valcarcel.

O IES Moncho Valcarcel incorpora un ciclo superior de Laboratorio

Sociedade 18/06/2012
  Envía a túa opinión

O I.E.S. Moncho Valcarce das Pontes oferta, para o curso 2012-13, o Ciclo Superior de Laboratorio de Análise e Control de Calidade. A solicitude de admisión pode realizarse no centro do 18 de xuño ata o 2 xullo.


A Xornadas Interxeracionais celébranse o sábado

Xermade pon en valor a sabedoría dos maiores

Sociedade 25/05/2012
  Envía a túa opinión

As Xornadas Interxeracionais Rurais alcanzan a súa oitava edición constituídas xa nun espazo referencial de reflexión e debate para as persoas maiores do concello de Xermade onde se van a celebrar este sábado 26 de maio e os próximos días 2 e 9 de xuño organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela, o propio concello e a Asociación de Veciños de Cabreiros. A apertura do encontro celebrarase este sábado a partir das 9.45 horas na Casa Escola de Cabreiro.


Imaxe da XI Festa do Camioneiro

As Pontes acolle a XII Festa do Camioneiro

Sociedade 23/05/2012
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes e a Asociación do Colectivo de Transportes do Carbón (A.C.T.C.) están a organizar para esta fin de semana a XII edición da Festa do Camioneiro.Réndese homenaxe  aos que día a día viven na estrada, detrás do volante, e na que, ademáis do concello, tamén se involucrará organizativamente o colectivo Transpuerto Ferrol – As Pontes, S.A e a Federación Galega de Transportes. A celebración contará cun intenso programa de actividades no que non faltará a música e por suposto, unha marcha que percorrerá as rúas pontesas na que tomarán parte tódolos vehículos que se inscriban na cita, que poderían chegar á centena.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros