Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Rafael Louzán

Louzán négase a declarar e segue imputado

Sociedade 27/03/2015
  Envía a túa opinión

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acolleuse ao seu dereito a non declarar no xuízo que o investiga a el, á súa dona e o deputado provincial popular Severino Reguera por un presunto delito de suborno. O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados decidiu que os tres seguisen imputados na causa, segundo indica o xornal dixital Praza


Águeda Gómez, docente da UVigo

A reafirmación dunha identidade masculina cambiante perpetúa o sexo de pago

Sociedade 25/03/2015
  Envía a túa opinión

Máis de 240 clubs de alterne e 323 pisos de contactos en Galicia. Esas son algunhas das cifras da prostitución na comunidade galega, un servizo ao que recoñecen recorrer habitualmente máis do 30% dos españois e que frecuentan cada día 1,5 millóns de homes a nivel nacional. Un consumo masivo de sexo de pago que é un "claro síntoma dunha cultura afectivo-sexual hexemónica" na que a educación queda relegada en moitos casos a películas pornográficas "cun erotismo baseado na humillación da muller". Estas son algunhas das conclusións que as investigadoras Águeda Gómez, Silvia Pérez e Rosa María Verdugo recollen agora no libro El putero español (Editorial Catarata), no que publican os resultados dunha análise a nivel nacional sobre "as motivacións que leva aos clientes a consumir prostitución a través das explicacións que eles mesmos daban", como explica Gómez, profesora do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía da Universidade de Vigo.


Rafael Louzán

Rafael Louzán será xulgado en Cambados por presunto suborno

Sociedade 21/03/2015
  Envía a túa opinión

O Xulgado de Cambados fixará nas vindeiras semanas a data do xuizo ao presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzan. Os cargos refírense ao aluguer duns baixos comerciais en Vigo. O concelleiro en Pazos de Borbén e deputado provincial polo Partido Popular Severino Reguera alugoulle a Louzan uns baixos en 2008. Segundo o fiscal de Delitos Económicos de Pontevedra Augusto Santaló, na citada operación advertiuse un sobreprezo con respeito aos baixos do entorno. O presidente da Deputación recibe 15 euros o metro cadrado, cando un informe da Garda Civil situa os prezos medios na zona naquela data en 7 euros o metro cadrado. Se facemos caso ao citado informe, Louzan tería recibido nestes oito anos máis de 50.000 euros a maiores do aluguer, sen xustificar. En 2013 a Xunta de Galicia puxo en aluguer uns baixos na zona, ao prezo de 5 euros o metro cadrado.


Centro de Redondela

Morre un empregado dunha empresa de xardinería en Redondela

Sociedade 17/03/2015
  Envía a túa opinión

Un operario dunha empresa de xardinería faleceu esta mañá tras precipitarse dunha árbore cando realizaba un traballo de poda. Segundo informou o 112, o suceso tiña lugar sobre as 9,00 horas deste martes, segundo informa Radio Redondela.


Busto do maxistrado Movilla en Castro Caldelas

Redondela quere sentar xurisprudencia para o futuro do galego na xustiza

Institucional 17/03/2015
  Envía a túa opinión

“En galego, é de xustiza” era o lema dunha campaña desenvolvida hai anos para normalizar o uso da lingua propia na administración de Xustiza. Por máis memorable que sexa esa mensaxe, o certo é que a eficacia desa propaganda non foi moita. Ao igual que acontece noutros eidos da vida cotiá, o galego é un idioma minorizado en todo o que ten a ver cos asuntos da lei, o seu ordenamento e a súa aplicación. É por iso que cómpre lembrarmos aquelos fitos que demostran que o noso é un idioma apropiado para calquera cousa, tamén para facer xustiza. O primeiro documento xurídico redactado en lingua galega foi o Foral de Castro Caldelas, datado en 1228. Durante tres séculos producíronse outro textos legais até que chegou o tempo da escuridade para a lingua. Terían que pasar uns 450 anos até que o 27 de marzo de 1985 a Sala do Contencioso Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña, formada polos maxistrados Claudio Movilla, Ricardo Leirós e Gonzalo de la Huerga emitía unha sentenza redactada en galego, abrindo un novo tempo de posibilidades para a nosa lingua na xustiza. No litixio que motivou aquela sentenza era parte o Concello de Redondela e alí vaise conmemorar esta tarde o 30 aniversario dunha sentenza histórica, non polo seu obxecto, mais si pola súa forma.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros