Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 19 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

A banda de punk participa no festival de apoio aos medios en galego

Terbutalina receitará o venres “vitaminas para o galego”

Cultura 25/04/2012
  Envía a túa opinión

Como unha iniciativa “xustísima e necesaria” consideran os integrantes do grupo punk Terbutalina a campaña Vitaminas para o galego, así que cando os chamaron para participar no festival que se organiza este venres na defensa dos medios de comunicación en lingua propia dixeron “inmediatamente que si”. “Os nosos concertos son como a vida, curtos e cheos de suor”, advirte Samuel a aqueles que se animen a acudir este venres ao Centro Social A Gentalha do Pichel. O evento inclúe tamén un recital poético a cargo de Olalla Cociña, Alicia Fernández e Gonzalo Hermo. Presentará o festival, Xía Arias.


A Marcha celébrase o sábado 14 de abril

Un parque natural que partiu da sociedade

Sociedade 08/04/2012
  Envía a túa opinión

Cun ollo nas Fragas do Eume, a comunidade comprometida co territorio de toda a Costa da Morte e mesmo de toda Galicia, xa pensa na marcha reivindicativa do sábado 14 de abril. Un día por certo que se completará coa gala solidaria de Leo Bassi en Corcubión.


Galaxia tirou do prelo “Laura no deserto”

Antón Riveiro: “Non saín indemne da miña novela, xa non son a mesma persoa”

Cultura 26/02/2012
  Envía a túa opinión

“Catro novelas polo prezo de unha”. Define así Antón Riveiro Coello a súa nova obra, Laura no deserto, na que reflexiona sobre temas como a memoria, a identidade, o amor, a liberdade ou a culpa. O autor, explicou nos micrófonos de Radiofusión, pretende facer reflexionar aos lectores sobre cales serían as súas accións en situacións extremas como as que se relatan no libro. “Adoitamos identificarnos cos heroes, pero eu non teño moi claro que lugar ocuparía eu”, confesa. Tras documentarse durante anos sobre os campos de concentración e a guerra, Riveiro Coello asegura ter “a mesma sensación de culpa dos sobreviventes”. “Non saín indemne da novela, xa non son a mesma persoa”, asegura.


Domingos Dosil

Falece Domingos Dosil, fundador de COGAMI

Sociedade 06/02/2012
  Envía a túa opinión

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) quere facer público o seu máis fondo pesar polo falecemento de Domingos Dosil, fundador e Presidente durante dezasete anos de COGAMI. Dosil, faleceu victima dun cancro. Foi alcalde de Muros, polo Bloque Nacionalista Galego.


Xurxo Ayán

Xurxo Ayán, arqueólogo: “Cando un castro se declara BIC exclúese á comunidade do goce dese espazo”

Cultura 03/02/2012
  Envía a túa opinión

A tese “Casa, Familia e Comunidade na Idade de Hierro do NW”, realiza por Xurxo Ayán Vila, arqueólogo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit, Santiago de Compostela) desenvolve a primeira investigación sobre a arquitectura doméstica dos castros do Noroeste Peninsular tanto desde o punto de vista de restos arqueolóxicos como bens patrimoniais e referentes identitarios desde o século XVIII até a actualidade. En conversa con Radiofusiòn esmiuzou o contido do seu traballo e reivindicou que “a mellor maneira de preservar un castro é que a xente o siga sentindo como un espazo de seu”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros