Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Accidente do 24 de xullo do 2013 en Santiago de Compostela

O maquinista, a disposición xudicial

Sociedade 28/07/2013
  Envía a túa opinión

O maquinista do tren Alvia accidentado o pasado mércores en Santiago, Francisco José G.A., saíu da Comisaría compostelá para ser trasladado aos xulgados ao redor das 18.15 horas deste domingo, para pasar a disposición xudicial. O condutor do convoi que sufriu un grave accidente, no que faleceron 79 persoas e resultaron feridos máis dun centenar de pasaxeiros, foi conducido aos xulgados de Santiago de Compostela nun vehículo con distintivo policial e cristais tintados nos portelos de atrás.


O ministro do Interior Jorge Fernández co delegado do goberno en Galicia Samuel Juárez

O maquinista, en comisaría

Sociedade 27/07/2013
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O maquinista do tren Alvia Francisco José Garzón permanece detido na Comisaría de Policía da rúa Rodrigo de Padrón en Santiago de Compostela. As 12 do mediodia recibiu a alta hospitalaria e foi trasladado ás dependencias policiais imputado por un posible delito de homicidio por imprudencia.


Concentración de solidaridade coas vítimas na estación do tren de Santiago de Compostela

Non hai unha causa única do accidente, segundo Xan Carlos Fernández

Sociedade 26/07/2013
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Un accidente ferroviario da magnitude do producido en Santiago de Compostela nunca se debe a unha única causa, afirma o autor do libro O camiño de ferro en Galicia, Xan Carlos Fernández. Para o experto no mundo do ferrocarril tivo que sumarse a un fallo humano tamén un mal funcionamento dos sistemas automáticos de seguridade.


Trátase do accidente ferroviario máis tráxico de Galicia

78 vítimas mortais e 141 feridos

Sociedade 25/07/2013
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

78 falecidos e 141 persoas ingresadas nos centros hospitalarios. Ese é o balanzo ofrecido esta mañá polo alcalde de Santiago Angel Currás, despois do accidente ferroviario acaecido ás nove da noite de onte no lugar de Angrois. O primeiro rexedor apuntou a un exceso de velocidade como a posible causa do descarrilamento do tren.


Cartaz do Festigal 2013

Presentouse o Festigal da rebeldía

Sociedade 11/07/2013
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Festigal trae a música galega máis reivindicativa de Sés, Nao, Festicultores e A Quenlla.  Na súa XII edición, este encontro anual coa creación artística servirá de escaparate ao activismo político e sociocultural de Galiza. Este vai ser o Festigal da rebeldía, do espazo común compartido das persoas que acreditan na soberanía para Galiza. Celebrase o 24 e 25 de xullo no Campus compostelán.Presentouse esta mañá.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros