Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Central de Correos. A Coruña

Folga en Correos o 27 de novembro

Sociedade 06/11/2014
  Envía a túa opinión

CCOO convoca folga en Correos para o 27 de novembro. Convoca a folga en todo o Estado no operador postal Correos. Antes, haberá actos reivindicativos en varias localidades. No caso de Galicia, CCOO convoca concentracións o día 12 en Ourense, o 13 en Pontevedra e Vigo, o 18 en Lugo e o 20 na Coruña.


Fotografía porto de Lorbé (páxina web www.coruna-virtual.com)

Recuperan un corpo sen vida na costa de Lorbé

Sociedade 05/11/2014
  Envía a túa opinión

Unha patrulleira da Garda Civil recuperou na mañá deste mércores un corpo tras ser avistado por un pesqueiro nas proximidades da localidade coruñesa de Lorbé, no municipio de Oleiros. Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo, ás 8,20 horas o pesqueiro 'Virxe A Carmen' informou o Centro de Salvamento da Coruña da presenza dun corpo na entrada de Lorbé.


Diego Calvo e Víctor Arufe esta mañá

A Coruña acolle o IV Congreso Mundial do Deporte en idade escolar

Sociedade 16/10/2014
  Envía a túa opinión

A cidade da Coruña acollerá o IV Congreso Mundial do Deporte en idade escolar, entre o 5 e o 7 de novembro. Dentro do seu obxectivo de fomentar o deporte, en especial entre máis novos, a Deputación provincial fai unha achega de 10.000 euros. Con esta subvención a organización poderá facer fronte aos gastos de viaxes, aloxamento, publicación de trípticos e outros custos de organización do congreso. O presidente, Diego Calvo, asinou esta mañá un convenio de colaboración co director xeral da Asociación Cultural Sportis Formación Deportiva, Víctor Arufe Giráldez, para financiar a organización do IV Congreso Mundial de Deporte en Idade Escolar: Seminario Nacional de Escolas Deportivas, Educación Física e Psicomotricidade.


Reflexións sobre a I Guerra Mundial

Patria e violencia na Primeira Guerra Mundial

Sociedade 09/10/2014
  Envía a túa opinión

“Hai cen anos, os nosos avós e avoas coñeceron unha guerra que cambiou o seu mundo e o noso”, asegura o catedrático Lourenzo Fernández Prieto en alusión á I Guerra Mundial, da que agora a USC en colaboración coa Fundación Barrié dan conta no ciclo de conferencia ‘100 anos da guerra que cambiou a sociedade’. Especialistas internacionais achegan a súa mirada sobre a primeira gran conflagración que sacudiu a Europa do século XX dende as súas respectivas áreas de coñecemento: historia, cine, socioloxía ou literatura.


Paula Patiño e Celeste García fan Meigamoura

Aproveitar o tapiz de vida da fraga de Cecebre

Sociedade 29/09/2014
  Envía a túa opinión

“A fraga é un tapiz de vida apretado contra as arrugas da terra; nas súas covas afundese, nos cómaros elévase e nas súas chairas iguálase. É toda vida”. Son palabras de Wenceslao Fernández Florez en “O bosco animado”. Alí na fraga de Cecebre atopase o obradoiro artesán Meiga moura. Fabrican marmeladas doces, salgadas e conservas de tomate, pemento e cabaciño.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros