Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 10 de Septembro de 2010

Emisoras > Radio Foz

Información da emisora Novas da emisora

1 das peñas no centro de Ribadeo este mediodía

A xira de Santa Cruz enche de animación Ribadeo

Sociedade 02/08/2009
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

Numerosas peñas de xovenes encheron de animación e música dende primeiras horas da mañá as rúas céntricas de Ribadeo. Celébrase a Xira de Santa Cruz nos arredores do Monumento ao Gaiteiro, unha homenaxe única en Galicia, inaugurado en 1965. Os grupos Brisas do Landro, La Amistad de Gijón, Aires de Valdés, Airiños do Xunco e Amigos da Gaita realizaron pasarruas ás once da mañá.


Os asistentes á Festa do Bonito poderán optar entre varias receitas

O “príncipe azul” convértese no rei de Burela

Sociedade 31/07/2009
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

Burela coloca, un ano máis, ao seu “príncipe azul” no trono que lle corresponde. Este concello da Mariña lucense acolle mañá sábado a vixésimo quinta edición da Festa do Bonito e, paralelamente á exaltación do seu produto estrela, pon en marcha tamén Produart, unha feira destinada a promocionar a produción artesanal e ecolóxica. A tenente alcalde da vila, Neves Cando, explicou a Radiofusiòn que ambas citas coinciden no calendario porque a pesca do bonito de Burela diferenciase, en contraposición ás prácticas doutras épocas ou países, polo seu respecto medioambiental.


Exposicións e libros conmemoran os 100 anos da Semana Tráxica de Barcelona

Portela Valladares, un galego para pacificar Barcelona

Sociedade 26/07/2009
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

O 26 de xullo de 1909 comezan os sucesos coñecidos como a Semana Tráxica de Barcelona. A protesta popular contra a chamada a filas dos reservistas para a guerra de Marruecos inicia unha revolta que tomará un forte cariz anticlerical. O motín finalizará coa execución de 5 persoas (entre elas o pedagogo Francesc Ferrer i Guardia) e con milleiros de detidos. Aos poucos meses o presidente do Goberno o ferrolán José Canalejas nomeará gobernador civil de Barcelona ao galego Manuel Portela Valladares coa principal finalidade de pacificar a capital catalana. 


O proxecto leva por título “Faino bonito”

A Consellería do Mar presentou en Burela unha campaña para promocionar o bonito do norte entre os consumidores

Sociedade 03/07/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Consellería do Mar presentou hoxe en Burela a campaña do etiquetado do bonito do norte para esta tempada. Leva por título Faino Bonito e permite dar a coñecer aos consumidores a procedencia, a data de captura e as propiedades de cada peixe no momento da súa adquisición nas peixerías. Esta identificación ten por obxecto garantir o seguimento e a trazabilidade dende a captura dos exemplares en alta mar –realizada pola flota que faena en augas do Cantábrico mediante artes tradicionais- ata a chegada do peixe ao consumidor.


O arqueólogo René Pacheco dirixe os traballos de exhumación

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica escava unha fosa en Mondoñedo

Sociedade 18/06/2009
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica comezou os traballos de procura e posterior exhumación dunha fosa situada na parte exterior do cemiterio da parroquia de Argomoso, no concello de Mondoñedo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -
Publicidade

Axenda

Concerto de SuperTramp dentro da xira 70-10 Tour
11/09/2010 - 22:30
Coliseum de A Coruña
Estreno en Coruña da obra Brujas
11/09/2010 - 20:00
Teatro Colón Caixa Galicia
Arrinca en Santiago o Mercado Atlántico de Creación Contemporánea
10/09/2010 - 9:00
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Concerto de Arizona Baby & Friends
10/09/2010 - 22:30
Sala Le Club de A Coruña
Der Ventilator, Disco Las Palmeras! e The Cobras en Vigo
10/09/2010 - 22:00
La Fábrica de Chocolate Club
Representación de Master Class en A Coruña
10/09/2010 - 21:00
Teatro Rosalía de Castro
O humor de Noites de Retranca en A Coruña
10/09/2010 - 20:30 e 22:30
Teatro Colón Caixa Galicia
Teatro: Xerpo Cultural presenta “Actuaciencia” en O Porriño
10/09/2010 - 20:00
Centro Cultural Municipal

Enquisa

Paréceche correcto gastar 3 millóns de euros das arcas públicas na visita do Papa?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros