Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Os maios son unha das tradicións máis antigas da cultura galega

A Festa dos Maios de Redondela contará coa participación dunha ducia de agrupacións

Sociedade 30/04/2009
  Envía a túa opinión

Os Maios chegan mañá a Redondela. Dende as once da mañá todos os Maios, artísticos e tradicionais, poderanse ver na rúa Ribeira. Unha hora despois os participantes irán subindo ao palco da música na Alameda para interpretar as súas coplas.


A protesta contra o polígono industrial seguirá a ruta xacobea

Saxamonde peregrina a Compostela pola defensa do monte

Sociedade 30/04/2009
  Envía a túa opinión

Os veciños de Saxamonde percorrerán o Camiño Portugués ata Santiago mañá venres para facer entrega dunha carta ao novo goberno da Xunta de Galicia. A Asemblea Veciñal contra o Polígono Industrial Mos-Redondela organiza unha peregrinación a Compostela. A saída está prevista desde o lugar do Chan das Pipas, zona afectada polo proxecto de zona industrial, ás 8:00 horas do venres 1 de maio. Ao longo de tres etapas percorreranse os case 100 km. que separan Saxamonde da capital. A chegada terá lugar o domingo ao medio día.


Francisca Canal, representante do Partido Popular na Deputación de Pontevedra

Os méritos do Racing Club de Chapela

Deportes 30/04/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A deputada, Francisca Canal ofreceu unha recepción oficial ós compoñentes do Racing Club Chapela, integrado por deportistas discapacitados. O acto realizado na Deputación de Pontevedra tivo por obxectivo trasladarlles a estes mozos a felicitación polos grandes éxitos acadados tras conseguir numerosas medallas.


Fotografía: José Rosales

Carlos Taibo aborda a crise económica

Sociedade 29/04/2009
  Envía a túa opinión

A Asociación Cultural Alén Nós de Redondela organiza mañá xoves no auditorio José Figueroa unha conferencia que xirará en torno á “Repercusión social da crise económica”. Na charla coloquio o titular de ciencias políticas da Universidade de Madrid falará dos motivos que conduciron á crise económica mundial e as posibles alternativas de futuro APRA superar a situación actual.


Antonio Reigosa tamén recuperou lendas da torre de San Paio de Narla en Friol (Lugo)

Mitos e monstros de Galicia en Soutomaior

Sociedade 29/04/2009
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

Medio cento de seres míticos serán os protagonistas da charla coloquio que esta tarde impartirá en Soutomaior o escritor Antonio Reigosa. No seu afán por dar a coñecer  a mitoloxía popular galega fará un percorrido por algúns dos monstros máis representativos da tradición oral. Aínda que son máis dun millar os que conforman o imaxinario galego, Reigosa centraráse nalgúns dos máis coñecidos na comarca con referencias a Coca, e a outras lendas relacionadas co santuario da Pendeda ou con Pontesampaio.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros