Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Castelo de Sobroso

O vieiro da Franqueira desde A Cañiza a Redondela

Sociedade 23/04/2009
  Envía a túa opinión

A Deputación de Pontevedra inicia hoxe as tarefas de acondicionamento do Vieiro da Franqueira para que, de cara á tempada estival e á data de celebración da tradicional romaría, o vindeiro 1 de xuño, se atope en perfectas condicións. O devandito Vieiro da Franqueira é unha ruta, de orixe medieval, que discorre entre a capela da Virxe da Franqueira, en A Cañiza, ata o Castelo de Soutomaior, pasando por Mondariz, Ponteareas, Pazos de Borbén e Redondela.


As feiras do libro tamén pretenden promocionar a lectura

Premios para quen máis libros leva

Cultura 23/04/2009
  Envía a túa opinión

A Biblioteca Municipal de Redondela premia aos mellores lectores no día do libro. Os premiados por seren os socios que mais libros levaron en préstamo durante o pasado ano, son: Alejandra María Gonzalez Troncoso, Hanneldre Irmingard Gottschalk  Korradi e  Aarón Pérez Borrajo, que recibiron, cada un deles, un lote de libros.


Entre as pezas do certame hai unha dirixida por Mercedes Sampietro

A V edición do Festival Redondela en Curto amplíase coa proxección de cinco películas e 16 curtametraxes

Cultura 22/04/2009
  Envía a túa opinión

O certame arranca este domingo día 26 coa proxección das curtas “Porque hai cosas que nunca se olvidan” de Lucas Figueroa, “Don Señor e o home do soño” de Juan Ignacio Abía, “Alumbramiento” de Eduardo Chapero e “Dejar a Marcos” de Mario Fernández Alonso. Un arranque que terá lugar ás 20.30 horas no Multiusos da Xunqueira e que contará ademais coa actuación musical do grupo Os Trasnos de Moscoso.


A illa de San Simón foi cárcere de presos antifranquistas

Música e visitas na illa de San Simón

Sociedade 22/04/2009
  Envía a túa opinión

A Fundación Illa de San Simón reinicia o programa de visitas á illa e pon en marcha a programación de actividades culturais da primavera, centrada principalmente nunha serie de concertos musicais que van ter lugar nos seráns do mes de maio e xuño.As persoas interesadas en realizar unha visita á illa ou participar no ciclo de concertos deben realizar unha reserva previa de praza nos barcos que dende os portos de Cesantes-Redondela ou San Adrián de Cobres (Vilaboa), de acordo coas posibilidades da marea, parten cara as illas en quendas sucesivas de 100 persoas por viaxe.


A pegada das minas de ouro da época romana apréciase nas Médulas de León

Non só viaxan os maiores en Soutomaior

Sociedade 22/04/2009
  Envía a túa opinión

As viaxes do INSERSO configuran unha nova tipoloxia do turismo invernal e de grupo. Agora xurden tamén outras iniciativas dirixidas a outros grupos de idade. En Soutomaior programan viaxes para rapaces de 12 a 17 anos e tamén para maiores de 18. Son excursións de fin de semana. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros