Envía a túa opinión
O Consello de Departamento de Historia da Arte da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, 32 profesores doutores en Hria da Arte , expresaron por unanimidade, a sua máis profunda repulsa polo derribo da fábrica de lápis Hispania ubicada no barrio de Ferrol Vello, recentemente declarado Ben de Interese Cultural, na categoría de Monumento.Unhas 200 persoas arrouparon o edificio onte á tarde, na concentración convocada pola Comisión para a defensa de Ferrol Vello.
Envía a túa opinión
Dous funcionarios do Concello de Ferrol e un concelleiro do PSOE, do anterior mandato, están a ser investigados dende que esta mañán irrumpiran, na casa do concello, axentes da Policía Xudicial. Procederon a rexistrar as oficinas municipais do departamento de Obras do Concello de Ferrol, buscando os expedientes administrativos relacionados cunha empresa da cidade, e as facturas desa empresa correspondentes aos anos 2010 e 2011. Están a ser investigados dous funcionarios e un concelleiro do anterior goberno.
Envía a túa opinión
Cinco anos despois da entrada en funcionamento do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, xa son 8.345 as parellas inscritas neste ente adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A inscrición das parellas é totalmente gratuíta, voluntaria e ten carácter constitutivo.
Envía a túa opinión
A Comisión para a recuperación de Ferrol Vello convoca á cidadanía de Ferrol a movilizarse pola supervivencia da fábrica de lapis. Cada día que pasa fáltalle un anaco. “Esta semana é crucial para salvar Hispania” segundo manifestaba o martes en Ferrol o profesor, experto en urbanismo, Xan Carmona. Mentras de presentan recursos nos organos politicos pertinentes, mentras se manteñen entrevistas con politicos e xuices, e se denuncia nos medios: as máquinas siguen traballando, siguen tirando un anaco da memoria dos ferroláns. Xan Carmonaafirma que Hispania é un dos 20 mellores exemplos de arquitectura industrial da provincia da Coruña, en referencia ao traballo realizado sobre a fábrica de lápis pola profesora, Margarita Vilar.
Envía a túa opinión
Narón en roda entra nunha nova fase. Os máis de 1400 usuarios do servizo de préstamo de bicicletas deben aboar agora unha cota anual. A cota ascende a 20 euros para os adultos e 12 para rapaces entre 12 e 18 anos. O pago pode facerse directamente no concello ou nas oficinas de NovaGalicia Banco.