Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Regina Polín, segunda pola esquerda, e Antón Bao, ao seu lado, visitan o campo de Parga

Antón Bao e Regina Polín revisan o estado das obras do campo de fútbol de Parga

Sociedade 27/05/2009
  Envía a túa opinión

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, xunto coa alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, visitaron hoxe as obras de acondicionamento do campo de fútbol de Parga e observaron o estado do campo de Guitiriz para avaliar as necesidades do mesmo e acometer unha actuación no estadio da vila chairega.


Cartel da conferencia

O IESCHA programa unha conferencia sobre Ramón Piñeiro para o venres

Cultura 27/05/2009
  Envía a túa opinión

O mes que o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) destinou ás Letras Galegas toca ao seu fin o vindeiro venres 29 de maio cunha conferencia sobre Ramón Piñeiro. O Salón de Actos do Centro Cultural Recreativo de Vilalba acollerá, a partir das 20.30 horas, o relatorio do filósofo e escritor vilalbés, Antón Baamonde, titulado “Ramón Piñeiro na Galicia do século XX” , e que será presentado por Bernardo García Cendán.


O AVE chegará a Lugo e terá dobre vía

José Blanco anunciou a Francisco Jorquera unha rectificación do trazado do AVE a Lugo

Sociedade 26/05/2009
  Envía a túa opinión

O Ministerio de Fomento anunciou ao deputado do BNG, Francisco Jorquera, que o AVE a Galicia pasará por Lugo e terá dupla vía. José Blanco contestou a unha das preguntas do representante nacionalista afirmando que “hai unha rectificación do trazado do AVE Lugo-Ourense para que teña dupla vía”.


A Praia das Catedrais será un dos lugares visitados polos participantes

O programa “Galicia Natural” chega á Mariña lucense

Sociedade 26/05/2009
  Envía a túa opinión

A Mariña lucense é un dos espazos elixidos pola Secretaría Xeral para o Turismo, a través de Turgalicia, e pola Dirección Xeral de Acción Social, en colaboración coas asociacións de Turismo Rural de Galicia, para acoller o programa “Galicia Natural”. Nesta actividade participan 966 maiores da Comunidade Galega e se leva a cabo en diferentes casas de Turismo Rural ata o 26 de xuño.


Os pequenos desfrutaron coa actuación do contacontos

Abadín programa un contacontos como parte das súas actividades para nenos

Cultura 26/05/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Abadín continuou coas súas actividades para a promoción da cultura destinadas aos mais pequenos da casa. A programación dunha actuación dun Contacontos cumpriu cos obxectivos de entreter e fomentar a imaxinación dos nenos. Esta acción estivo enmarcada dentro das actividades extraescolares que se realizan fóra do horario lectivo e que se están a levar a cabo no municipio coa finalidade de fomentar a creatividade e a imaxinación dos alumnos en horario de lecer.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros