Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Fotografía: Breixo Pazos

6.000 euros en premios no concurso dos Maios

Cultura 17/04/2009
  Envía a túa opinión

A concellería de cultura de Redondela ten aberto ata o vindeiro 30 de abril o prazo de inscrición para participar no concurso dos Maios deste ano. Cada participante recibirá 40 euros e poderán optar ademais a diferentes premios que van dende os 70 aos 125 euros nas categorías de maio tradicional, maio artístico, mellor interpretación e mellores coplas.


A polémica continúa sobre a licencia das obras do submnistro de auga

Controversia nas obras de Aqualia en Cotarel

Sociedade 16/04/2009
  Envía a túa opinión

Os técnicos municipais manteñen posturas opostas sobre a legalidade das obras que está a realizar Aqualia en Cotarel. Así o pon de manifesto a asociación de veciños San Bernardo de Cedeira, quen recibiu dous informes contradictorios en torno a esta cuestión. Por unha banda a aparelladora municipal, en contestación a unha denuncia realizada pola propia asociación, comunícalles en xaneiro deste ano que as obras que a empresa concesionaria do servizo de abastecemento está a realizar no barrio de Rande para a canalización de auga “non necesitan licencia municipal”.


No curso impartíronse obradoiros de xardinería

Lenda innova na atención ao discapacitado

Sociedade 16/04/2009
  Envía a túa opinión

O centro de atención ao enfermo mental Lenda realiza un curso pioneiro de “acompañamento e coidados de persoas con discapacidade” para os seus usuarios. Tradicionalmente as persoas con enfermidade mental tiñan acceso a cursos que centraban a súa formación en tarefas manipuladoras, é dicir, preparábase aos asistentes en oficios tales como carpintería ou xardinería. Nesta ocasión, dende Lenda puxeron en marcha este curso que ten como finalidade a inserción sociolaboral dun grupo de 10 persoas con enfermidade mental e onde se prepara aos participantes a atender calquer tipo de discapacidade.


Zona da Millarada

Redondela solicita a Fomento un paso de peóns na N-555

Sociedade 16/04/2009
  Envía a túa opinión

A concellería de Vías e Obras solicitou ao Ministerio de Fomento a instalación dun paso peonil na estrada N-555 ao seu paso por Millarada na parroquia de Vilar de Infesta. A zona para a que se solicita o paso peonil está situada nun cruce que da acceso ao centro escolar de ensino infantil e primario así como a empresas e numerosas vivendas.


Fotografia: Ferrán Pestaña

¿Non oes piar? de Álvaro Martínez Leiro en Chapela

Cultura 16/04/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A mostra, que pasou xa polas instalacións da Casa da Torre, ten como protagonistas indiscutibles aos paxaros. O autor reúne nesta exposición máis de 40 imaxes tomadas na parroquia de Moscoso en Pazos de Borbén durante os últimos cinco anos. Un coidado traballo a través do cal o fotógrafo pretende facer unha chamada de atención en canto a necesidade de conservar a nosa contorna así como as especies que comparten espacio con nós.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros