Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Un dos carteis empregados polo SLG nas pasadas mobilizacións do 8 de maio

O SLG cualifica de “irreponsabilidade” o pacto proposto por Elena Espinosa

Sociedade 20/05/2009
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego (SLG) manifestou a súa preocupación polas declaracións da ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño (MARM), a galega Elena Espinosa, nos días previos á reunión que representantes do seu ministerio terán hoxe coas organizacións agrarias en Madrid. Espinosa declarou, o pasado 8 de maio, que descoñece a gravidade da situación do sector lácteo, así como o feito de que se estiveran a producir importacións de leite ilegais baixo a práctica do dumping.


Olaia Fernández Davila

O congreso aproba a iniciativa do BNG para suspender a concesión de novas centrais hidroeléctricas no Miño-Sil

Sociedade 20/05/2009
  Envía a túa opinión

A Comisión de Medio Ambiente do Congreso dos Deputados aprobou onte, por unanimidade, a proposición non de lei da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, na que se insta ao Goberno a suspender cautelarmente a concesión de novos aproveitamentos hidroeléctricos na conca do Miño-Sil. O partido nacionalista puña como condición para continuar coa concesión a realización dos estudos de impacto medioambiental e social dos encoros e minicentrais existentes, ademais de fixar as novas normas de planificación sectorial en aplicación da Directiva marco de auga.


Luis Tosar firma exemplares da biografía confeccionada polos alumnos do CEIP Monseivane

O CEIP Monseivane de Vilalba homenaxea a Luis Tosar

Sociedade 19/05/2009
  Envía a túa opinión

O CEIP Monseivane de Vilalba homenaxeou ao actor lucense Luis Tosar poñéndolle o nome do artista a unha das súas aulas. Como non podía ser doutra forma, a aula multiusos, dedicada ao audiovisual e á informática, levará, a partir de agora, unha placa que lle da nome e que conmemora a visita do actor ao centro. Esta iniciativa formou parte do ciclo de actividades programadas na semana pola normalización lingüística que se desenrolou no propio edificio situado na parroquia de Moreda.


A Deputada nacionalista Olaia Fernandez Davila

O congreso debate hoxe unha proposición do BNG sobre os aproveitamentos hidroeléctricos no Miño-Sil

Sociedade 19/05/2009
  Envía a túa opinión

A Comisión de Medio Ambiente do Congreso dos Deputados debaterá, na mañá de hoxe, unha proposición non de lei da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, na que insta ao Goberno a paralizar a concesión de novos aproveitamentos hidroeléctricos no ámbito territorial da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.


Imaxe da manifestación contra o ERE en Outeiro de Rei

2.000 persoas xuntáronse en Outeiro de Rei para protestar contra o ERE de Pascual

Sociedade 18/05/2009
  Envía a túa opinión

Preto dunhas 2.000 persoas apoiaron aos traballadores de Pascual de Outeiro de Rei contra o peche da planta que esta empresa ten na vila chairega. O acto, que contou co apoio das principais organizacións sindicais labregas e obreiras galegas, consistiu nunha manifestación que partiu da Casa da Cultura e que percorreu as principais rúas do pobo. Nela se demandou o mantemento dos 155 empregos directos e os mais de 1.000 indirectos vinculados á empresa, aos que tamén hai que engadir os provocados pola suspensión da recollida do leite aos produtores

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros