Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Cartel do IESCHA anunciando a marcha

O IESCHA viaxará a Santiago na defensa da lingua

Cultura 13/05/2009
  Envía a túa opinión

O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba (IESCHA), organizará unha viaxe a Santiago de Compostela para asistir á manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística en defensa do galego, que terá lugar o domingo, día 17 de maio.


Elba Veleiro, voceira do PSdeG-PSOE en Vilalba

O grupo socialista de Vilalba presentará unha moción sobre o Camiño Real de Portariz

Sociedade 13/05/2009
  Envía a túa opinión

O grupo socialista de Vilalba presentará hoxe unha moción no pleno ordinario do mes de maio para que a Xunta de Goberno se reafirme na resolución pola que se declararon públicos os dereitos de paso do camiño de Portariz, en Outeiro, situado na parroquia de Noche. Esta resolución permitiría liberar o paso de dito camiño por parte do Concello e que non se conceda unha licencia, solicitada por unha veciña da zona, para pechar unha finca pola que pasaría a vía de paso. O camiño figuraba no catastro como Camiño Real.


Imaxe da casa Consitorial de Cospeito

Os socialistas de Cospeito denuncian a falta de obras no concello

Sociedade 12/05/2009
  Envía a túa opinión

O grupo socialista de Cospeito, a través da súa voceira, Rosa Morán, criticou a falta de obras realizadas polo actual equipo de goberno e asegurou que “en todos estes anos do PP nunca se fixo mantemento das infraestruturas do concello en condicións”. Morán tamén valorou positivamente a aplicación do Fondo Estatal de Inversión Local, que permite “que o noso municipio realice obras de primeira necesidade que os veciños vimos reclamando dende hai moitos anos”.


Traballadores de Ingemarga maniféstanse polos despidos de febreiro de 2008

Paro total como resposta aos despidos en Ingemarga

Sociedade 12/05/2009
  Envía a túa opinión

O persoal de Ingemarga secundará unha xornada de folga de 24 horas prevista para pasado mañá, xoves 14 de maio, como resposta ao despedimento de 16 traballadores na empresa de Guitiriz, aos que hai que engadirlle outros seis empregados dunha canteira do grupo e outras dúas persoas destinadas aos almacéns. Así mesmo, a asemblea de traballadores decidiu acudir a diferentes paros parciais a curto prazo se a empresa canteira non readmite aos despedidos.


Representantes sindicais na reunión de onte con Núñez Feijóo

Feijóo adiantará o pago da PAC como medida contra a crise do sector lácteo

Sociedade 12/05/2009
  Envía a túa opinión

As medidas a adoptar por parte do goberno galego para paliar a crise do sector agrogandeiro foron acollidas con cautela por parte dos sindicatos agrarios. A reunión que se desenrolou onte en Santiago de Compostela deixou o compromiso do goberno autonómico de adiantar o pago único da UE, polo que as explotacións gandeiras cobrarán antes un diñeiro que xa estaba estipulado con anterioridade nas súas contas futuras. Así, os preto de 70 millóns de euros da política agraria común (PAC) adiantaranse sete meses. Isto suporá que as explotacións cobrarán, de media, uns 5.400 euros aproximadamente, dependendo da cantidade de cota e do tamaño da explotación.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros