Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O PSdeG vilalbés presentará unha moción sobre a depuradora no pleno do mércores

O PSOE vilalbés reclamará medidas para eliminar os vertidos ao Magdalena

Sociedade 11/05/2009
  Envía a túa opinión

O grupo socialista de Vilalba presentará unha moción para que o goberno municipal tome medidas que permitan eliminar os vertidos contaminantes que sofre o río Magdalena procedentes da depuradora. Segundo a oposición vilalbesa, o problema agravouse nas últimas datas, nas que “a situación empeorou no último mes con máis de oito días vertendo contaminantes, como veñen denunciando, entre outros, a asociación de pescadores deportivos do noso concello”.


Xosé Manuel Barreiro, segundo pola dereita, durante unha comparecencia pública

Barreiro asegura en Vilalba unha defensa dos intereses dos gandeiros

Sociedade 11/05/2009
  Envía a túa opinión

A decisiva situación pola que está a atravesar o sector agrogandeiro foi estudado na xuntanza de traballo que mantivo o Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, o pasado venres en Vilalba, con representantes da circunscrición da Terra Chá, conformada polos municipios de Begonte, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade.


Traballadores de Outeiro de Rei durante unha protesta ante a planta de Leche Pascual

Leche Pascual dará a mínima indemnización aos afectados polo ERE de Outeiro de Rei

Sociedade 09/05/2009
  Envía a túa opinión

Leche Pascual seguirá adiante co ERE en Outeiro de Rei. Na reunión entre os representantes da empresa e do Comité dos traballadores mantida onte en Benavente, a empresa láctea deixou claras as súas intencións de continuar co proceso de peche da planta, a pesar da reacción social a favor do seu mantemento. Fontes dos empregados afectados anunciaron que o expediente será o mínimo posible, é dicir, que Pascual pagará como indemnización tan só 20 días por ano traballado nun período máximo de 18 meses.


O deputado do BNG Francisco Jorquera

O BNG insta ao goberno a buscar solucións para evitar o peche de Leche Pascual en Outeiro de Rei

Sociedade 08/05/2009
  Envía a túa opinión

O BNG, por medio dos seus parlamentarios no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila e Francisco Jorquera, rexistrou esta mañá unha iniciativa na que se pide ao Goberno que, en colaboración coa Xunta de Galicia, realice as xestións pertinentes ante a empresa Pascual a fin de buscar as solucións que eviten o peche da planta de transformación de leite de Outeiro de Rei (Lugo).


Preto de 1.500 persoas apoiaron ao sector lácteo en Vilalba

O sector lácteo mobilizou a toda a sociedade civil da Terra Chá

Sociedade 08/05/2009
  Envía a túa opinión

A Terra Chá reaccionou con forza á crise pola que está atravesando o sector lácteo galego. Uns 1.500 veciños, segundo a organización, chegados dos concellos chairegos sumáronse aos gandeiros, organizacións labregas, asociacións de comerciantes e ás distintas forzas políticas para reclamar unha solución inmediata que impida o desmantelamento do rural en Galicia. O apoio non estivo soamente sobre o cemento da Praza da Constitución de Vilalba e dos outros municipios da bisbarra, senón que a maioría dos comercios secundaron o parón e pecharon as súas portas entre as 11 da mañá e a unha da tarde.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros