Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Tres mozos son os protagonistas da película

Proxección da película Pradolongo en Chapela

Cultura 02/04/2009
  Envía a túa opinión

A Concellaría de Participación Cidadá e Normalización Lingúística, organiza o vindeiro venres día 3, no auditorio do Multiusos de Chapela, a proxección do filme Pradolongo. A presentación correrá a cargo do propio director, Ignacio Vilar, ás 11:30 da mañá.


Club de lectura da biblioteca de Redondela

Canta connosco na biblioteca de Soutomaior

Cultura 02/04/2009
  Envía a túa opinión

240 nenos asistirán esta tarde á obra de teatro Canta connosco na biblioteca municipal de Soutomaior. Co gallo de conmemorar o día internacional do libro infantil e xuvenil o grupo de teatro Migallas ofrecerá este espectáculo aos rapaces dos centros escolares do municipio de idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos.


A detención realizouse nas inmediacións da ponte de Rande

Detido un veciño de Redondela por trafico de drogas

Sociedade 31/03/2009
  Envía a túa opinión

O punto de venta estaba localizado nas inmediacións de Rande. Na operación policial interviñéronselle oitenta doses de heroina. Axentes da Policía Nacional detiveron en Rande a I.C.R., veciño de Redondela de 33 anos de idade como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.


Obras do AVE en Redondela (Fotografia: Ramon Antonio)

Demandan un estudo de nivel de ruído nas obras do AVE en Negros

Sociedade 31/03/2009
  Envía a túa opinión

O alcalde de Redondela. Xaime Rei, reunirase mañá co director da obra, Pedro Murillo e solicitarálle a realización dun estudo para comprobar o nivel de ruído existente no lugar no que se están a desenvolver as obras do tren de alta velocidade. Ruídos que en numerosas ocasións xa foron denunciados polos veciños de San Estevo de Negros e que van acompañados de vibracións cando as tuneladoras están a pleno rendemento


Monumento á Ostra en Arcade (Soutomaior)

Máis de 100.000 racións repartiránse durante a Festa da Ostra de Arcade

Sociedade 28/03/2009
  Envía a túa opinión

Este venres alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera máis a Concelleira de Cultura, Dolores Cernada, presentaron a Vixésimo Terceira Edición da Festa da Ostra de Arcade, que se celebrará os vindeiros 3,4 e 5 de abril. A festividade comezará o venres coa homenaxe ao que fora durante máis de 30 anos o Patrón Maior da Confraría de Arcade, Manuel Pazos Vázquez para continuar o sábado coa apertura das casetas ás 18.00 horas. Este ano o concello porá a disposición dos visitantes máis de 100.000 racións deste bivalvo ao mesmo prezo do pasado ano, catro euros, para evitar que a crise económica afecte a esta festa gastronómica.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros