Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

As probas comezarán na alameda ordense a partir das 10:30 horas

Centos de atletas participarán este domingo na XVI Carreira Popular de Ordes

Deportes 24/06/2011
  Envía a túa opinión

Centos de atletas, máis de medio milleiro tendo en conta as diferentes categorías, daranse cita este domingo día 26 de xuño nun dos eventos deportivos máis importantes de Ordes, a Carreira Popular. Unha carreira que vai xa pola súa décimo sexta edición e que xa se ten convertido nun referente deportivo.


O prazo de inscrición remata o 30 de xuño

Curso de monitor de tempo libre de carácter intensivo

Sociedade 23/06/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes promove un curso de monitor de tempo libre que terá lugar durante os vindeiros meses de verán. Trátase dun curso de carácter intensivo que se celebrará dende o 11 de xullo ao 6 de setembro de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.


A mostra homenaxea a estas mulleres pioneiras no acceso ao mercado laboral

Eles aprenden mentres “Elas Ensinan”

Cultura 22/06/2011
  Envía a túa opinión

Un grupo de escolares do IES Nº 1 de Ordes visitaron esta mañá a exposición “Elas Ensinan”, unha mostra promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e que dende o pasado día 11 pode visitarse no Museo Xoxardo de Ordes.


O equipo sénior da A.C. Órdenes de hockey, o equipo de xuvenís da S.D. Órdenes e o Vila de Ordes recibidos polo alcalde

Parabéns institucional aos equipos deportivos de Ordes que ascenderon de categoría

Deportes 22/06/2011
  Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibíu onte pola tarde na Casa do Concello a xogadores, corpos técnicos e directivas de tres equipos do municipio que conseguiron esta tempada o ascenso a categorías superiores en diferentes disciplinas: o equipo sénior da A.C. Órdenes de hockey, o equipo de xuvenís da S.D. Órdenes e os compoñentes do clube Vila de Ordes.


Local do PP de Ordes

Un artefacto no local do PP en Ordes causa danos materiais en media ducia de edificios

Sociedade 13/06/2011
  Envía a túa opinión

Un artefacto explosivo estalou na madrugada de hoxe na sede do PP de Ordes (A Coruña) e ocasionou danos materiais en media ducia de edificios, pero non houbo persoas feridas.  Segundo informaron  fontes policiais, tratouse dunha "forte" explosión sobre as 5.00 horas na sede do PP, situada nun baixo do edificio situado no número 10 da rúa de Campeiras. O artefacto tiña entre 500 e 700 gramos de pólvora prensada.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros