Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

A Xornadas Interxeracionais celébranse o sábado

Xermade pon en valor a sabedoría dos maiores

Sociedade 25/05/2012
  Envía a túa opinión

As Xornadas Interxeracionais Rurais alcanzan a súa oitava edición constituídas xa nun espazo referencial de reflexión e debate para as persoas maiores do concello de Xermade onde se van a celebrar este sábado 26 de maio e os próximos días 2 e 9 de xuño organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela, o propio concello e a Asociación de Veciños de Cabreiros. A apertura do encontro celebrarase este sábado a partir das 9.45 horas na Casa Escola de Cabreiro.


Imaxe da XI Festa do Camioneiro

As Pontes acolle a XII Festa do Camioneiro

Sociedade 23/05/2012
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes e a Asociación do Colectivo de Transportes do Carbón (A.C.T.C.) están a organizar para esta fin de semana a XII edición da Festa do Camioneiro.Réndese homenaxe  aos que día a día viven na estrada, detrás do volante, e na que, ademáis do concello, tamén se involucrará organizativamente o colectivo Transpuerto Ferrol – As Pontes, S.A e a Federación Galega de Transportes. A celebración contará cun intenso programa de actividades no que non faltará a música e por suposto, unha marcha que percorrerá as rúas pontesas na que tomarán parte tódolos vehículos que se inscriban na cita, que poderían chegar á centena.


É o lago artificial máis grande da península.

Endesa inaugura a mina rehabilitada das Pontes

Sociedade 14/05/2012
  Envía a túa opinión

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo e o presidente de ENDESA, Borja Prado, visitan este mércores 16 de maio a mina rehabilitada. Endesa culmina deste xeito a restauración ambiental máis ambiciosa do país.


O cómico actúa en Santiago, Corcubión, Cangas e Ourense

Radiofusión regala entradas para ver “o mellor” de Leo Bassi

Cultura 09/04/2012
  Envía a túa opinión

Leo Bassi presenta en Galicia The Best Of, un espectáculo no que repasa os que el considera os seus mellores números. Radiofusión regala tres entradas para a actuación que o provocador bufón realizará o vindeiro venres día 13 no Auditorio Municipal Cine Alovi das As Pontes. Os interesados en participar no sorteo só teñen que enviar un correo electrónico -incluído o seu nome, DNI e teléfono de contacto- a viraventos@radiofusion.eu.


Leo Bassi defende o laicismo con paixón

Leo Bassi actuará en Santiago, As Pontes e Cangas

Cultura 28/03/2012
  Envía a túa opinión

Leo Bassi actuará en Santiago de Compostela, As Pontes e Cangas. Tras a polémica co alcalde de Santiago Gerardo Conde Roa, Bassi actuará o xoves 12 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación. O espectáculo de Bassi chegará tamén ás Pontes, o venres 13 e a Cangas o domingo 15. O Teatro Principal é dos cidadáns ou do Partido Popular ? pregúntase o humorista italiano despois da decisión do Concello compostelán anulando a súa actuación prevista para o 10 de abril no coliseo municipal.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros