Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Radiofusión (Arquivo)

Dr.Anchoa e Trópico de Grelos comezan a animar o Entroido de Ourense

Sociedade 17/02/2012
  Envía a túa opinión

As charangas Dr. Anchoa e Trópico de Grelos comezarán a animar o Entroido nas rúas de Ourense a partir das sies desta tarde. Os Centellas arrufarán un baile para nenos e nenas na Praza da Imprenta, e xa ás nove da noite procederáse á lectura do Pregón na Praza Maior. As Pitas das Eiroas, As Romanas da Ponte, Frei Canedo, Paquita e Nicanor de Seixalbo teñen anunciada a súa presencia polas rúas do casco antigo. As dez da noite serviráse na Alameda unha cea de benvida de Don Carnal, coa obriga de acudir disfrazado e con invitación. 


O evento gastronómico comezou xa en Expourense

O Salón Xantar tira proveito da nova conexión do tren AVANT

Sociedade 01/02/2012
  Envía a túa opinión

O Salón Galego de Gastronomía e Turismo Xantar celebra a súa edición número 13 dende esta xornada e ata o domingo no recinto feiral Expourense da cidade das Burgas. O evento conta con 133 expositores (un 2% máis que na edición de 2011) que ocuparán 12.000 metros cadrados de superficie e entre os que destacan os 18 restaurantes -máis da metade galegos- que ofrecerán 30 menús con prezos comprendidos entre os 12 e os 32 euros baseados nos seus produtos autóctonos e de calidade. Para esta ocasión convidouse ás rexións situadas no Camiño Mozárabe e na Vía da Prata a que promocionen. a súa cociña no Xantar. Fuxindo de supersticións, a directora adxunta do Salón, Emma González, declarou en Radiofusiòn que o 13 será “augurio de bo éxito”.


Laura Seara e Carmen Cajide

O PSdeG denuncia que a muller retrocede 30 anos coa reforma da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo

Sociedade 31/01/2012
  Envía a túa opinión

A secretaria de Igualdade do PSdeG, Laura Seara, e a portavoz desta área no Grupo Parlamentario dos Socialistas Galegos, Carmen Cajide, anunciaron o inicio dunha rolda de contactos con asociacións de mulleres, organizacións sanitarias, sindicatos e forzas políticas para evitar que o Goberno central modifique a actual Lei de Saúde Sexual e Reproductiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo; sen descartar as mobilización para evitar “un paso atrás desta magnitude”. Seara lembrou as verbas de Simone Veil, ministra do goberno conservador francés, en 1974 para presentar o proxecto de despenalización do aborto a través dunha lei de prazos: “Isto amosa a dereita real do noso país, tremendamente distinta á europea, onde outros países xa contan dende hai anos cunha lei de prazos”, apuntou.


Manifestación no Irixo o 7 de xaneiro do 2012

A sentenza de morte para a comarca

Sociedade 08/01/2012
  Envía a túa opinión

"Estamos convencidos de que a incineradora sería a sentenza de morte para a comarca" afirmou un dos convocantes da marcha que onte reuniu no Irixo a máis de 3.000 persoas, en contra da denominada "Sogama do sur". Non asistiron os representantes do PP na zona que teñen suscrito iniciativas contra a basureira.


Lemos Montanet

Un fenés nomeado bispo de Ourense

Sociedade 16/12/2011
  Envía a túa opinión

Un veciño natural de Fene foi nomeado esta mañá bispo de Ourense. Trátase de José Leonardo Lemos Montanet naceu o 31 de maio de 1953 na parroquia de Santiago de Barallobre. Aos 9 anos trasládase coa súa familia a Ferrol, por destino do seu pai, onde realiza os estudos até o bacharelato superior.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros