Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 28 de Maio de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Ana María Díaz é directora xeral de Emprego da Xunta

En 94.900 fogares galegos ningunha persoa ten traballo

Institucional 23/04/2015
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

Un golpe durísimo ás perspectivas de emprego na Comunidade. A Enquisa de Poboación Activa do primeiro trimestre de 2015 confirma o freo que padece o mercado laboral galego respecto á situación no conxunto do Estado. A EPA contabiliza 275.700 desempregados en Galicia ao remate do mes de marzo, 11.900 persoas máis que en decembro de 2014. Trátase dun incremento do paro do 4,5%, nos antípodas do panorama estatal, onde houbo un descenso do 0,24%. En só tres meses aumentaron en 6.500 os fogares de Galicia nos que ningún integrante traballa, até chegar aos 94.900. De feito, os novos parados que suma a Comunidade case equivalen á caída total do paro en España, de 13.100 persoas entre xaneiro e marzo. En Galicia, a terceira comunidade na que máis aumentou o paro tras Valencia e Baleares, a porcentaxe de persoas traballando é de só o 53,3% e a poboación activa minguou en 16.600 persoas nun ano e 1.100 respecto á EPA precedente.


Haberá mobilizacións nas sete cidades

As manifestacións do 17M reclamarán máis galego para que o pobo teña futuro

Sociedade 22/04/2015
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

Galego, garantía de futuro é o lema escollido por Queremos Galego para as manifestacións en defensa da lingua galega que se desenvolverán o 17 de maio ás 12 do mediodía na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, así como noutras vilas aínda por confirmar. O voceiro da plataforma cidadá, Marcos Maceira, explicou que a escolla desa lenda débese a que “a existencia e a normalidade da lingua galega é a garantía da existencia e do futuro do pobo galego”, lembrando que ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua. “Despois da masiva manifestación do 8 de febreiro, a única resposta que obtivo a sociedade galega foi un anuncio propagandístico, con máis nome que contido”, engadíu Maceiras en referencia ao Documento estrutural básico de dinamización da lingua galega no tecido económico. Malia as reiteradas solicitudes de envío desa proposta por parte do portavoz de Queremos Galego á Secretaria Xeral de Política Lingüísitica, tivo que obter o documento “case clandestinamente”, afirmou.


Pablo Rega conducirá o concerto este domingo

700 fíos de espontaneidade musical no MARCO

Cultura 21/04/2015
  Envía a túa opinión

O compositor e guitarrista Pablo Rega dirixirá a un ensemble de 11 improvisadores no MARCO de Vigo este domingo 26 de abril, no que será unha experiencia sonora única. Unha agrupación semellante a unha pequena orquestra de cámara, con once músicos, en rigoroso acústico, actuarán conducidos polo guitarrista e improvisador no espectáculo 700 Fíos, unha sesión vermú que se desenvolverá no salón de actos do museo da cidade olívica. Músicos procedentes de OmeGa, SuelenEstarQuartet, Cuarteto Caramuxo, Banda Crebinsky, Tripo, Trilitrate, Spil (“Seminario Permanente de Improvisación Libre” Conservatorio Superior de Música de Vigo), 2uS e Orquesta Vigo 430 participarán no evento, que terá entrada de balde para os menores de 13 anos e ao prezo de 5 euros para o resto do público.


O cartel é obra de Miguelanxo Prado

O Mestre Mateo convírtese en patrón das artes galegas

Cultura 01/04/2015
  Envía a túa opinión

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) conmemora o Día das Artes Galegas, adicado á figura do Mestre Mateo. O 1 de abril é o día escollido pola Academia para festexar esta efeméride, co obxecto de sensibilizar á sociedade do valor patrimonial da cultura de Galicia. A data foi elixida pola institución por aparecer no epígrafe das limeiras do Pórtico da Gloria, un conxunto escultórico do Mestre Mateo que representa todas as artes.


Rafael Louzán

Louzán négase a declarar e segue imputado

Sociedade 27/03/2015
  Envía a túa opinión

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acolleuse ao seu dereito a non declarar no xuízo que o investiga a el, á súa dona e o deputado provincial popular Severino Reguera por un presunto delito de suborno. O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados decidiu que os tres seguisen imputados na causa, segundo indica o xornal dixital Praza

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros