Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Alfonso Daniel Rodriguez Castelao

O pensamento político de Castelao

Cultura 07/01/2012
  Envía a túa opinión

Hoxe, 7 de xaneiro cúmprense 52 anos desde a morte de Alfonso Daniel Rodriguez Castelao, no exilio en Bós Aires (Arxentina). O BNG denunciou a fraude e lavado de cara do goberno de Feijóo ao declarar a obra de Castelao Ben de Interese Cultural (BIC) de carácter inmaterial xa que “na práctica deixa sen protección a súa obra, e permite que se poida vender e espoliar”. Así o aseguraron o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, e a portavoz de Cultura no Parlamento Galego, Ana Pontón, que coincidiron en denunciar que a decisión do Consello da Xunta do pasado 23 de decembro “é unha mera fraude do Goberno da Xunta, xa que en nada o obriga”.


Petisco de mexillón escabechado con aire de cenoura.

“Ofrecémoslle unha fonte de pracer”

Sociedade 21/11/2011
  Envía a túa opinión

A Consellería do Mar impulsa o consumo do mexillón galego e as súas  posibilidades culinarias en 53 restaurantes de toda Galicia a través das II Xornadas Gastronómicas do Mexillón de Galicia, que se desenvolverán dende mañá ata o 22 de decembro. Esta iniciativa está enmarcada no convenio de colaboración coa Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSGA) e conta coa participación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia sendo continuación da campaña do ano pasado que acadou un notable éxito tanto na percepción dos propios restauradores coma dos seus clientes.


Loestamospescando.com

Loestamospescando.com, a venda directa de peixe desde a Costa da Morte

Sociedade 20/11/2011
  Envía a túa opinión

O Grupo de Acción Costeira (Gac3) que agrupa ás confrarías dos municipios da Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía acaba de pór en marcha un plan piloto de venda de peixe e marisco para profesionais do sector de toda España, e sector detallista, cuxo obxectivo é reducir a intermediación. O proxecto está encamiñado á comercialización e valorización dos produtos pesqueiros existentes no territorio do grupo de acción costeira, orientado á redución de intermediarios, á canle detallista e ao final da cadea. Para iso desenvolveuse o portal loestamospescando.com que pretende ser o referente da venda directa de produtos pesqueiros na Costa da Morte.


Con “carnia haikai”, Riveiro fíxose co Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas

Erótica para o padal na poesía de Elvira Riveiro

Cultura 19/11/2011
  Envía a túa opinión

Mesturando gastronomía e sensualidade Elvira Riveiro Tobío logrou convencer ao xurado do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. O seu carnia haikai converteuse no vencedor da sexta edición deste concurso que convocan o Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón. O poemario componse de haikais xaponeses, textos moi curtos que permitiron á autora xogar cos dobres sentidos. “Gústame contar moito con poucas palabras”, explicou Riveiro nos micrófonos de Radiofusión.


O encontro desenvolverase ao longo desta fin de semana en Compostela

A implicación da sociedade civil na xestión responsábel do territorio

Sociedade 27/10/2011
  Envía a túa opinión

A custodia do territorio é unha nova estratexia de conservación, nomeadamente do patrimonio natural, cultural e paisaxístico. A súa principal característica é a implicación da sociedade civil na xestión responsábel do territorio ao ser  desenvolvida por propietarios de terras e entidades (asociacións, concellos, etc.) mediante diferentes tipos de acordos. Nos últimos anos, iniciáronse no noso país diversas experiencias de conservación do medio empregando esta ferramenta. ADEGA en colaboración coa AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio) e financiado pola Deputación da Coruña, organiza o I Encontro Galego de Custodia do Territorio co obxectivo de analizar a situación en Galiza, as posibilidades de futuro e presentar á cidadanía esta estratexia de conservación. Será en Compostela, no centro social Novacaixagalicia (Pza. Cervantes).

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros