Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Paula Patiño e Celeste García fan Meigamoura

Aproveitar o tapiz de vida da fraga de Cecebre

Sociedade 29/09/2014
  Envía a túa opinión

“A fraga é un tapiz de vida apretado contra as arrugas da terra; nas súas covas afundese, nos cómaros elévase e nas súas chairas iguálase. É toda vida”. Son palabras de Wenceslao Fernández Florez en “O bosco animado”. Alí na fraga de Cecebre atopase o obradoiro artesán Meiga moura. Fabrican marmeladas doces, salgadas e conservas de tomate, pemento e cabaciño.


Cartaz do festival

O Festival Galego de Cabaret volve á Coruña

Sociedade 17/09/2014
  Envía a túa opinión

Do 18 ao 28 de setembro A Coruña albergará a 8ª edición do Festival Galego de Cabaré. O Festival Galego de Cabaré, única mostra destas características que se celebra en toda a Península Ibérica, estira os seus nocelos para amosar, durante dez días, o mellor do cabaré galego, un xénero que cada vez goza de mais compañías e propostas escénicas. Con esta son oito as edicións deste festival que naceu en Oleiros no ano 2006, pasou por Pontevedra no ano 2007 e recalou no 2008 á beira da caveira do Xerión, para botar raíces e ir medrando ano tras ano. Tras perder o apoio institucional no ano 2012, e celebrarse gracias aos fondos da Compañía Femme Fatale, o Festival Galego de Cabaré saca peito e amosa, moi na súa onda, a máxima de que “the show must go on”, polo que o espectáculo  continúa.


María Piensos

María Piensos: “A creatividade reside no cosmos”

Sociedade 11/08/2014
  Envía a túa opinión

“A pintura creativa é un proceso, porque a creatividade reside no cosmos. As persoas somos como un canal, temos que deixar pasar á creatividade, e que se concrete, nun momento de trance. Plasmas o que sintes a través da pintura, baile, poesía, música,…”


ARGA. (Fotografía Rafael Magán)

Arte para comer

Sociedade 07/08/2014
  Envía a túa opinión

Arte para comer ou a pintura máis solidaria. Perto de 40 artistas galegos expoñen a súa obra no local de ARGA, no marco dun mercadillo a beneficio da Cociña Económica da Coruña. Óleos, acuarelas, témperas e debuxos intégranse nunha iniciativa para todos os públicos. Pódense adquirir obras de arte con prezos que oscilan entre os corenta e os catrocentos euros.


Fotografía: Cruz Bermella

Horror en Palestina

Sociedade 22/07/2014
  Envía a túa opinión

Amosar a repulsa pola guerra en Palestina é o obxectivo dunha acción de protesta convocada na Coruña. Chámase en réxime de autoconvocatoria a unha concentración para a quinta feira (xoves) 24 de xullo ás 20 horas no Obelisco. Tamén en Santiago de Compostela convócase unha marcha ás sete e media da tarde de hoxe na Praza do Toural.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros