1 comentario/s - Envía a túa opinión
O Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo terá unha nova exposición itinerante. “Incisións” estará na súa sala de exposicións ata o 12 de xullo, antes de continuar polo resto dos concellos da Mariña. A mostra reúne 26 gravados de diferentes artistas plásticos lucenses.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
O concello de Ferrol entrega esta tarde o Premio do Público do ciclo Domingos a escena ao grupo de Teatro O Bordelo de Cervo, pola obra R.I.P Marandaina que se gañou o aplauso do público nesta novena edición. O premio consiste en representar a peza, nun escenario de luxo, no Teatro Jofre, ás 7 da tarde.
3 comentario/s - Envía a túa opinión
O Concello de Burela acollerá o XIII Feira Monográfica Náutico Pesqueira, Expomar. O evento desenvolverase entre o 21 e o 24 de maio, tal e como informa Anxo Rivas, de Radio Foz.
3 comentario/s - Envía a túa opinión
A exposición Pioneiras abre as súas portas este sábado no Telecentro de Foz. A exposición, que se poderá visitar ata o 25 de maio, considérase unha homenaxe ás mulleres que abriron camiño en diferentes ámbitos, sobre todo no sector empresarial. Esta é unha das novas das que informa Anxo Rivas desde a emisora municipal.
4 comentario/s - Envía a túa opinión
O grupo máis internacional da música galega, Luar na Lubre, encabeza o cartaz da Festa da Marosa que encherá de festa Burela (Lugo) o venres 15 e sábado 16 de maio. Ademáis da música, os encontros gastronómicos, obradoiros de baile e pezas teatrais enchen o programa dun evento que pretende convertirse en exaltación da multiculturalidade.