Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O deputado do BNG Francisco Jorquera

O BNG insta ao goberno a buscar solucións para evitar o peche de Leche Pascual en Outeiro de Rei

Sociedade 08/05/2009
  Envía a túa opinión

O BNG, por medio dos seus parlamentarios no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila e Francisco Jorquera, rexistrou esta mañá unha iniciativa na que se pide ao Goberno que, en colaboración coa Xunta de Galicia, realice as xestións pertinentes ante a empresa Pascual a fin de buscar as solucións que eviten o peche da planta de transformación de leite de Outeiro de Rei (Lugo).


Preto de 1.500 persoas apoiaron ao sector lácteo en Vilalba

O sector lácteo mobilizou a toda a sociedade civil da Terra Chá

Sociedade 08/05/2009
  Envía a túa opinión

A Terra Chá reaccionou con forza á crise pola que está atravesando o sector lácteo galego. Uns 1.500 veciños, segundo a organización, chegados dos concellos chairegos sumáronse aos gandeiros, organizacións labregas, asociacións de comerciantes e ás distintas forzas políticas para reclamar unha solución inmediata que impida o desmantelamento do rural en Galicia. O apoio non estivo soamente sobre o cemento da Praza da Constitución de Vilalba e dos outros municipios da bisbarra, senón que a maioría dos comercios secundaron o parón e pecharon as súas portas entre as 11 da mañá e a unha da tarde.


O ERE de Leche Pascual foi a razón da acción do BNG na Terra Chá

O BNG emprende diversas medidas como reacción ao peche de Leche Pascual

Sociedade 07/05/2009
  Envía a túa opinión

Os concelleiros do BNG de Outeiro de Rei, Arcadio Lombao e Dulce María Neira Fraga, presentaron unha solicitude de Pleno Extraordinario para tratar sobre o peche da fábrica de Pascual. O principal motivo esgrimido polos representantes nacionalistas é o de forzar ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, á Xunta de Galiza e ao Concello de Outeiro de Rei a que adopten todas as medidas ao seu alcance para frear o peche da planta de Pascual na vila e lograr manter e consolidar a súa actividade comercial nunha comarca cunha importante vocación e produción leiteira.


O alucinante espectáculo do Teatro Negro chega a Vilalba o mércores

O espectáculo do Teatro Negro de Praga chega a Vilalba o vindeiro mércores

Cultura 07/05/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Vilalba xunto con Caixanova programaron, para o vindeiro mércores 13 de maio ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Carmen Estévez, a comedia do Teatro Negro de Praga que está inspirada na novela de K. Bürger “O Barón de Münchaussen”.


A Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro, será a encargada de moderar a mesa redonda

Unha mesa redonda complementará hoxe a exposición Rexistros Abertos. Materiais, contextos e narrativas na arte galega actual no Museo Provincial de Lugo

Cultura 07/05/2009
  Envía a túa opinión

O Museo Provincial de Lugo programou unha mesa redonda para hoxe, ás 19.30 horas, como complemento á exposición Rexistros Abertos. Materiais, contextos e narrativas na arte galega actual. O acto, que será moderado pola Directora do Museo, Aurelia Balseiro, contará coa presenza dos comisarios da mostra Verónica Santos e Rafael Lens; ademais de Celia Castro Fernández, profesora de arte; Vicente Blanco, artista e profesor, e de Chus Martínez Domínguez, crítica de arte.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros