Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

A concentración faise co gallo da inauguración dun punto limpo

120 autocaravanas danse cita esta fin de semana en Redondela.

Sociedade 27/03/2009
  Envía a túa opinión

O motivo principal da concentración é a inauguración dun punto limpo para autocaravanas, o cal está situado nas inmediacións da piscina municipal na zona de A Marisma. Estas instalacións serven para baleirar as augas fecais dos vehículos así como encher os depósitos dos mesmos.


Estación do AVE de Santa Justa en Sevilla

Redondela terá unha estación de tren de alta velocidade.

Sociedade 27/03/2009
  Envía a túa opinión

O Ministerio de Fomento, a través do director xeneral de Infraestructuras Ferroviarias, Luis Santiago, comunicou esta decisión ao alcalde, Xaime Rei, quen afirmou que esta estación do eixo Atlántico suporá “unha revolución das comunicacións”. Rei engadiu que esta infraestructura permitirá aos veciños da vila e comarca “chegar a Vigo en 5 minutos, en media hora estar en Santiago ou desprazarse á Coruña en 50 minutos sen necesidade de empregar o vehículo particular”.


Fotografia: Bubela

Olga Nogueira recibe un María Casares pola adaptación da obra Aeroplanos

Cultura 27/03/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Unha veciña de Redondela foi unha das galardoadas na noite do teatro galego celebrada o pasado mércores. Os premios María Casares recoñeceron o traballo realizado por Olga Nogueira e Avelino González na adaptación da obra Aeroplanos, que recentemente representou no Multiusos a compañía Lagarta, lagarta dentro do Teatrarte 2009.


Os actos do Dia da Muller contaron con moita concorrencia

Música e palabras de muller de xeito alto e activo

Sociedade 27/03/2009
  Envía a túa opinión

A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade organiza hoxe venres unha actuación musical a cargo dos grupos: Sueño de Calíope, Grupo Fonteliño e Semente Nova. A presentación do acto correrá a cargo da escritora Marta Dacosta, quen ademais de escribir e exercer a súa labor como docente, está moi comprometida coas problemáticas que sofren as mulleres.


A representación incluese dentro do programa Teatrarte 2009

Malasombra representa o western clínico O dia do pai

Cultura 26/03/2009
  Envía a túa opinión

A compañía Malasombra achega este sábado ao escenario do Multiusos de Redondela a obra de teatro “O día do Pai”. Un espectáculo que os seus autores Gabriel Olivares y Ana Graciani definen como “un western clínico”. Unha delirante comedia onde se nos presenta un tema de actualidade: a reproducción asistida, vista dende a ollada masculina.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros