Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

ADIF mellorará a estación de Guitiriz

ADIF mellorará as instalacións das estacións ferroviarias chairegas

Sociedade 06/05/2009
  Envía a túa opinión

As estacións ferroviarias chairegas de Begonte, Baamonde, Guitiriz, Parga e Rábade, formarán parte do plan previsto pola entidade pública empresarial Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) para garantir a accesibilidade ao 96% das persoas que transitan polas súas instalacións.


Cartel do acto

O IESCHA organiza unha conferencia de Mª Pilar García Negro como parte das súas xornadas sobre as Letras Galegas 2009

Cultura 06/05/2009
  Envía a túa opinión

Como parte dos actos previstos polo Instituto de Estudios Chairegos (IESCHA) de Vilalba para a celebración do mes das Letras Galegas 2009 programouse un ciclo de conferencias que será inaugurado polo relatorio “O idioma galego hoxe: evidencias e necesidades”, da escritora Mª Pilar García Negro. O evento terá lugar o vindeiro venres 8 de maio, ás 20.30 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura e será presentado por Araceli Paz Veres, profesora do IES Basanta Silva de Vilalba.


Imaxe da planta de Leche Pascual en Outeiro de Rei

Leche Pascual presentará un ERE que propiciaría o peche da planta de Outeiro de Rei

Sociedade 06/05/2009
  Envía a túa opinión

Leche Pascual anunciou onte ao Comité de Traballadores da planta de Outeiro de Rei a súa vontade de prantexar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que afectará ao 100% da plantilla. Así, esta medida afectaría aos 155 empregados, polo que estarían incluídos aqueles que realizan tarefas relacionadas co tratamento e envasado do leite e tamén os encargados do mantemento da planta, transportistas, persoal administrativo e de loxística e o departamento comercial. Representantes dos traballadores e da empresa manterán unha reunión o venres para debater as posibles saídas plantexadas pola firma láctea.


O tute será o protagonista do sábado 9 de maio

O Restaurante Casa Maragata acollerá aos mellores xogadores de tute da Terra Chá

Sociedade 05/05/2009
  Envía a túa opinión

O Restaurante Casa Maragata, situado en Torre Pedrouzos, Vilalba, será o lugar onde os que gusten do tute e presuman de sabedoría nesto dos naipes poidan amosar a súa valía e facer ver que non van de farol. O I Campionato de Tute desta vila chairega disputarase o vindeiro sábado 9 de maio, e terá mais premios que o de gañar e vacilar aos contendentes na mesa de xogo.


A Central de As Pontes reciclará as cinzas na industria do cemento

ENDESA reciclará as cinzas da central de As Pontes na industria cementeira galega

Sociedade 05/05/2009
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

A Central Térmica de As Pontes porá en marcha un programa de reciclado de cinzas baseado no seu aproveitamento por parte da industria cementeira. Estes residuos xerados pola combustión do carbón empregaranse para a fabricación de cemento nas plantas que posúe a Corporación Noroeste en Oural (Sarria) e Narón. Desta maneira, a compañía propietaria da Central, Endesa, permite reutilizar un subproduto na elaboración doutro, resolvendo un problema ambiental e mellorando a competitividade do sector.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros