Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Ramil, Grandío, Ledo e Guntín durante a rolda de prensa

As organizacións agrarias chaman a un parón de toda actividade para o venres

Sociedade 05/05/2009
  Envía a túa opinión

As principais centrais sindicais labregas, Sindicato Labrego Galego (SLG), Unións Agrarias (U.U.AA.) e Xóvenes Agricultores (X.XA.A.), fixeron un chamamento a tódolos estamentos e sectores da comarca para que secunden a mobilización que terá lugar o vindeiro venres 8 de maio entre as 11.00 e as 13.00 horas en toda a Terra Chá. Esta acción comprenderá un parón de tódalas actividades de servizos e unha concentración na Praza da Constitución de Vilalba ás 12.00 horas.


Imaxe da Casa Consistorial do Concello de Muras

O PSdeG de Muras equipara o novo soldo do alcalde co orzamento de infraestruturas do Concello

Sociedade 05/05/2009
  Envía a túa opinión

O PSdeG-PSOE de Muras pasou ao ataque. A decisión adoptada polo pleno municipal de que o alcalde da localidade chairega tivese dedicación exclusiva e un soldo, segundo o grupo socialista, de 54.000 euros, motivou a reacción da oposición. Foi o seu voceiro no concello, Francisco Balado, o que tomou a palabra para cualificar de “inexplicable” e “desorbitante” tal cantidade.


Estado do río Magdalena cando se producen os vertidos desde a depuradora

ADEGA denuncia vertidos no Río Magdalena

Sociedade 04/05/2009
  Envía a túa opinión

A Asociación Ecoloxista ADEGA, a través do vilalbés José Manuel Rodríguez Fernández, denunciou os vertidos que está a sufrir o Río Magdalena procedentes da depuradora municipal de augas fecais e instou ao Concello de Vilalba e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil a tomar as medidas necesarias para evitar a súa contaminación.


Xogadores do Rácing Vilalbés e As Pontes disputan un balón durante o partido de onte

Ao Rácing chégalle coa clasificación

Deportes 04/05/2009
  Envía a túa opinión

Dous puntos. Esa é a distancia que separa ao Vilalbés da Terceira División. Tras a súa vitoria fronte ás As Pontes, ao equipo chairego bástalle unha derradeira zancada para acadar unha meta que puido ser realidade se o Bergantiños non vencese ao Castro no seu terreo de As Eiroas. Esa mestura de ansiedade e superioridade lastrou o choque de onte, caracterizado por un exceso de confianza ante un rival menor que non inquietou nunca e que colaborou co obxectivo verdiroxo desde a súa impotencia para xerar fútbol.


Os veciños ateigaron o salón de plenos do Concello de Castro de Rei

Unanimidade para pedir a permanencia de Banesto en Castro de Rei

Sociedade 30/04/2009
  Envía a túa opinión

Diante duns cincuenta veciños que ateigaban o salón, o pleno extraordinario de Castro de Rei, convocado para definir as accións de presión para conservar a sucursal de Banesto na vila chairega, acordou instar á institución bancaria a prorrogar indefinidamente o traslado da oficina e establecer unha comisión política, integrada por representantes das catro forzas políticas do concello (PSdeG-PSOE, PP, BNG e TEGA) e polo alcalde, Juan José Díaz Valiño, para manter unha xuntanza cos responsables de Banesto en Galicia e abordar este problema.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros