Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O deputado do BNG Francisco Jorquera

Francisco Jorquera empraza ao Goberno a construír un acceso directo desde a A-8 ao centro de Ribadeo

Sociedade 30/04/2009
  Envía a túa opinión

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, instou ao goberno, mediante unha proposición non de lei na Cámara Baixa, a realizar un proxecto de construción dun acceso directo desde a Autovía do Cantábrico, A-8, ao centro de Ribadeo.


A Orquestra Omega, Madame Cell e Terela Gradín e Manuel Gutiérrez tocarán no Aeródromo de Rozas

Rozas acollerá dous concertos da II Edición de “Espazos Sonoros”

Cultura 30/04/2009
  Envía a túa opinión

O Aeródromo de Rozas abandonará por dous días o ruído dos motores, o cheiro a queroseno e os monos de traballo cheos de graxa, para deixar paso ás novas tendencias da música. Esta instalación de Castro de Rei foi un dos espazos elixidos para a II Edición de “Espazos Sonoros”, programa de música organizado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, que sintetiza a posta en valor do patrimonio histórico e do potencial artístico e creador de Galicia mediante a programación de concertos en espazos de interese cultural.


Carme Freire, nun momento do anuncio das accións para maio

O SLG anuncia unha tractorada para o 28 de maio

Sociedade 29/04/2009
  Envía a túa opinión

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Carme Freire Cruces, anunciou as mobilizacións do sector agrogandeiro no mes de maio, que pasarán por unha tractorada en Galicia o 28 de maio e unha xornada de concentracións en tódalas cabeceiras das comarcas leiteiras o vindeiro venres 8 de maio.


A cidadanía participou activamente nas accións de Adega

Ribadeo vota a favor da defensa do seu litoral

Sociedade 29/04/2009
  Envía a túa opinión

O pobo de Ribadeo apoiou as teses de defensa do litoral da Organización Ecoloxista Adega. O referendo popular organizado por esta asociación polo Día da Terra amosou un apoio case unánime, xa que das 103 papeletas emitidas, 102 foron a favor da costa conservada e só unha a prol da costa urbanizada.


Membros do SLG preparan o envío de leite

O SLG enviou cartóns de leite á Comisaria Europea de Acricultura como protesta pola crise do sector

Sociedade 28/04/2009
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego (SLG) continuou coas súas accións de protesta pola actual crise do sector lácteo e procedeu hoxe a un envío de cartóns de leite para a Comisaria Europea de Agricultura, Mariam Fischer Boel. Esta actuación tivo lugar na oficina de correos da rúa de San Pedro da cidade de Lugo, nunha acción coordinada con outras organizacións agrarias de Francia e Portugal pertencentes á Coordinadora Europea Vía Campesiña.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros