Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

As obras da instalación executaranse no prazo de 20 meses

Vicepresidencia licita as obras do centro de día de Redondela

Institucional 18/03/2009
  Envía a túa opinión

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio de licitación das obras de construcción do centro de día de Cesantes, que deberá estar construído a finais do vindeiro ano. A Consellería de Vicepresidencia da igualdade e do benestar por en marcha así  construcción dun centro de día público para maiores coa licitación das obras por valor de dous millóns trescentos mil euros (2.262.798,59 €).


Fotografia: Hernan Povedano

Os pequenos detalles da natureza

Cultura 17/03/2009
  Envía a túa opinión

Os paxaros son os protagonistas indiscutibles da mostra fotográfica que ata o vindeiro domingo se pode visitar na Casa da Torre. Álvaro Martínez Leiro reúne nesta exposición máis de 40 imaxes tomadas na parroquia de Moscoso en Pazos de Borbén durante os últimos cinco anos. Un coidado traballo a través do cal o fotógrafo pretende facer unha chamada de atención en canto a necesidade de conservar a nosa contorna así como as especies que comparten espacio con nós.


Cartel do Millo Verde

Ultimos dias para participar no II concurso de maquetas Millo Verde

Cultura 17/03/2009
  Envía a túa opinión

A asociación decidiu ampliar o prazo de presentación de traballos ata o día 22 para que ningún artista interesado quedara fora da convocatoria.Os interesados en participar aínda están a tempo polo tanto de enviar as súas maquetas que deberán incluir tres cancións de composición propia.


A avenida de Madrid, saida tradicional de Vigo

Queren parar a construcción do ramal da A -57 con Peinador

Sociedade 17/03/2009
  Envía a túa opinión

A mobilización social único recurso para paralizar a construcción do ramal da A-57 con Peinador. Os membros da Plataforma Cidadá contra a autovía por Redondela entenden que a vía administrativa non está a dar ningún froito, logo de que nin as alegacións nin o recurso de alzada, presentado o pasado mes de xaneiro, recibisen resposta por parte das institucións. Así o explicaron nunca asemblea informativa celebrada na tarde de onte no multiusos da Xunqueira ante máis dun cento de veciños.


Fotografia: Paco Peñas

Ensinar ás mulleres a azulexar unha parede e desatascar unha canalización

Sociedade 16/03/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Azulexar unha parede, desatascar unha canalización ou facer un empalme eléctrico deixarán de ser un problema para as alumnas que participen no curso de reparacións básicas que organiza a concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Redondela.Un obradoiro dirixido exclusivamente a mulleres que comezará no vindeiro mes de abril. En total serán 14 horas que se desenvolverán na Casa da Cultura os luns e mércores en horario de 19:00 a 21:00 horas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros