Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 28 de Maio de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

A cidadanía participou activamente nas accións de Adega

Ribadeo vota a favor da defensa do seu litoral

Sociedade 29/04/2009
  Envía a túa opinión

O pobo de Ribadeo apoiou as teses de defensa do litoral da Organización Ecoloxista Adega. O referendo popular organizado por esta asociación polo Día da Terra amosou un apoio case unánime, xa que das 103 papeletas emitidas, 102 foron a favor da costa conservada e só unha a prol da costa urbanizada.


Membros do SLG preparan o envío de leite

O SLG enviou cartóns de leite á Comisaria Europea de Acricultura como protesta pola crise do sector

Sociedade 28/04/2009
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego (SLG) continuou coas súas accións de protesta pola actual crise do sector lácteo e procedeu hoxe a un envío de cartóns de leite para a Comisaria Europea de Agricultura, Mariam Fischer Boel. Esta actuación tivo lugar na oficina de correos da rúa de San Pedro da cidade de Lugo, nunha acción coordinada con outras organizacións agrarias de Francia e Portugal pertencentes á Coordinadora Europea Vía Campesiña.


O grupo barcelonés The Pinker Tones

O FIV animará o San Ramón 2009

Sociedade 28/04/2009
  Envía a túa opinión

As Festas de San Ramón 2009, que comezarán oficialmente a partir do 28 de agosto, bailarán entre o jazz, a bossa nova, o funk e a música electrónica. O FIV (Festival Independente de Vilalba) non é o FIB pero achégaselle. A Praza da Constitución contará, o 22 de agosto, con bos nomes dentro da música independente galega e española. Juan Rivas, Cornelius e The Pinker Tones porán os decibelios precisos para que o público non teña que ir moi lonxe para desfrutar da boa música.


O alcalde de Cospeito, Armando Castosa, no centro xunto coa Comisión da Festa

A filloa endozará Muimenta este primeiro de maio

Sociedade 27/04/2009
  Envía a túa opinión

Un produto tan galego como sinxelo de facer, de preparar e, por suposto, de comer como a filloa será o protagonista da fin de semana gastronómica na Terra Chá. Por decimoitavo ano a Festa da Filloa de Muimenta, en Cospeito, declarada Festa de Interese Turístico, satisfará aos mais larpeiros da casa e porá á súa disposición mais de 17.000 unidades deste postre de gran tradición na zona. Pero non será o único alimento que se poderá xantar, xa que tamén haberá oco para o churrasco no recinto feiral “Manuel Vila López”, pois asaranse uns 1.000 quilos de costilla e 350 de criollos.


Paz e Gómez durante o acto de presentación en Vilalba

Xosé Luis Gómez, Director de Xornal de Galicia: “A adaptación dos medios aos gobernos é unha perversión democrática”

Sociedade 27/04/2009
  Envía a túa opinión

A Casa da Cultura de Vilalba foi o espazo escollido polo Xornal de Galicia para facer a súa primeira presentación na nosa comunidade. Nun acto organizado polo propio medio e coa colaboración de RADIOFUSION e TERRA CHÁ.XA, no que se atopaban personalidades do mundo da política e da cultura da vila, como foron os casos do alcalde do municipio, Gerardo Criado, o deputado do Parlamento de Galicia, Agustín Baamonde, o concelleiro do BNG, Xosé Manuel Irimia, o presidente do Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), Manuel Roca Cendán, ou o escritor Xosé Luis Novo Cazón; o periodista vilalbés Moncho Paz e o director do propio medio, Xosé Luis Gómez, falaron da nova andadura deste diario.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros