Deputación e concello investirán máis de medio millón de euros na humanización da rúa Rosalía de Castro, a principal rúa de aceso a Soutomaior. As obras, que deberían estar rematadas antes do verán, consistirán na dotación de beirarrúas no tramo comprendido entre a rúa José Solla e Alfonso Castelao, a construcción dun aparcadoiro de dous metros nun dos sentidos da vía e unha calzada de circulación de 6 metros entre as dúas rúas.
A Plataforma Cidadá contra a Autovía celebra esta tarde unha asemblea informativa no Multiusos da Xunqueira para analizar a aprobación por parte do Ministerio de Fomento da conexión da A-57 con Peinador a través dun ramal por Arcade e as parroquias redondeláns de O Viso, Cesantes, Reboreda e Vilar.
Este fin de semana celébrase a XIII Bandeira de Bateis do Concello de Redondela. Unha competición que este ano organiza o Círculo Cultural Deportivo de Cesantes, coa colaboración do Concello de Redondela, e no que participarán todos os clubes de remo do Sur da Provincia de Pontevedra. Doce en total serán os clubes que competirán este sábado, día 14, na Enseada de San Simón, entre as categorías infantil, cadete, xuvenil e sénior, da tripulación masculina, e as categorías de promesas e absoluta na feminina.
Soutomaior acolle esta fin de semana a IX edición do certame da Camelia. Unha exposición-concurso na que participarán máis de 60 cultivadores procedentes de Galicia e Portugal e que se desenvolverá no Castelo de Soutomaior. A mostra arranca na tarde de mañá sábado e durante toda a fin de semana o Castelo permanecerá aberto ao público que queira achegarse aos expositores a admirar as composición florais.
O Bloque lamenta que se dupliquen os trazados e dende o PP fálase de “precipitación dende o Ministerio” por facer este anuncio cando aínda non tomou posesión o novo goberno da Xunta
O Ministerio de Fomento publicaba onte no BOE a licitación do último tramo da A-57 entre Vilaboa e Peinador así como a aprobación definitiva do ramal a Vigo. A decisión do departamento que dirixe Magdalena Álvarez é valorada “moi positivamente” dende o goberno local de Redondela.