Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O Xornal de Galicia preséntase hoxe en Vilalba

O Xornal de Galicia preséntase hoxe en Vilalba

Sociedade 24/04/2009
  Envía a túa opinión

O Terra Chá.Xa, Radiofusión, A voz de Vilalba e o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organizan hoxe a presentación da nova cabeceira Xornal de Galicia en Vilalba. O director do diario, José Luis Gómez, e o xornalista Moncho Paz, serán os representantes deste novo medio de comunicación na vila chairega. Vilalba será a primeira localidade onte teña lugar un evento destas características desde a saída á rúa do diario de información xeral, en decembro de 2008. A presentación terá lugar ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Vilalba (Praza de Suso Gayoso, s/nº).


O Museo acolleu este curso toda a semana

Finaliza hoxe o VII Curso da Arte Galega no Museo Provincial de Lugo

Cultura 24/04/2009
  Envía a túa opinión

O VII Curso da Arte Galega no Museo Provincial de Lugo toca ao seu fin. A última xornada comezará sobre as 10.30 horas coa charla da profesora-doutora titular da Universidade de Oviedo, Yayoi Kawamura, que aportará a súa visión sobre a pratería na Mariña Lucense.


Mariam Sissoko nun momento da súa charla en Mondoñedo

Mariam Sissoko expón a realidade do labrego africano en Mondoñedo

Sociedade 23/04/2009
  Envía a túa opinión

Cunha cara que denotaba o cansazo lóxico dunha xira que a está a levar por varias vilas e cidades de Galicia, Mariam Sissoko, coordinadora en África da organización labrega internacional Vía Campesiña, compareceu na Fundación Comarcal da Mariña Central en Mondoñedo para explicar os logros conseguidos por esta organización no seu país natal, Mali. O relatorio da activista africana era parte da Semana do Comercio Xusto que está a desenrolar o Sindicato Labrego Galego (SLG).


A costa lucense será obxecto do referendo de Adega

ADEGA Lugo convidará aos cidadáns da Mariña a participar nun referendo simbólico sobre o litoral

Sociedade 23/04/2009
  Envía a túa opinión

Adega Lugo e Adega A Mariña celebrarán, este domingo 26 de abril, o Día da Terra reivindicando a defensa do litoral galego en xeral e do lugués en particular, fronte a proxectos urbanísticos, infraestruturais ou enerxéticos que prexudiquen os valores ambientais, produtivos e económicos destas zonas.


A maquinaria agrícola será o principal atractivo da feira

A fin de semana acollerá a XIX edición da Feira da Maquinaria Usada e de Artesanía de Cospeito

Sociedade 23/04/2009
  Envía a túa opinión

A XIX Edición da Feira da Maquinaria Usada e de Artesanía de Cospeito terá unha participación récord, xa que serán 105 os stands que se instalarán nos 40.000 metros cadrados da feira. Os postos estarán divididos entre os 35 dedicados á maquinaria agrícola, os 50 da artesanía e os 20 de antigüidades. Este evento, un dos principais do sector agrogandeiro da Terra Chá, celebrarase durante toda a fin de semana.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros