Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

O obradoiro ensinará técnicas básicas de defensa

Obradoiro de defensa persoal para mulleres en Soutomaior

Sociedade 10/03/2009
  Envía a túa opinión

O CIM de Soutomaior organiza un obradoiro de defensa persoal orientado a mulleres no que se aprenderá ás asistentes habilidades básicas para a defensa persoal ante calquera posible agresión.Entre outras cuestións as mulleres que participen adquirirán técnicas básica de loita e de golpeo así como técnicas específicas que permitirían ás mulleres defenderse antes as agresións das que son obxecto de xeito máis frecuente.


Cartel de Redondela en curto 09

Máis de 300 traballos no Redondela en curto

Cultura 10/03/2009
  Envía a túa opinión

Rematado o prazo de presentación de traballos, os organizadores do festival Redondela en Curto valoran moi positivamente o número de curtametraxes presentadas e esperan superar a cifra dos 300 traballos recibidos na anterior edición. O prazo de recepción de traballos estivo aberto ata o pasado domingo día 8 e, segundo explicou o director do certame, Fernando Carreira “Cuchi” están a espera de recibir as curtas que foron enviadas por correo para comezar xa o traballo de visionado e selección das dez curtas que logo serán proxectadas na semana do festival.


Demandan limitación na instalación de antenas nas zonas habitadas

As antenas, a máis de 300 metros de núcleos habitados

Sociedade 09/03/2009
  Envía a túa opinión

Colectivos veciñais esixen que se regule a instalación de antenas móbiles en base ao principio de precaución que establece que deben ubicarse a máis de 300 metros dos núcleos habitados. Para informar das normativas existentes neste ámbito celebran esta tarde as 20:00 horas un acto informativo no Multiusos de Chapela.


Cartel de Chicho e a Santa Compaña

Chicho e a Santa Compaña chegan a Redondela

Sociedade 07/03/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A compañia Fulano e Cía representa esta tarde no Multiusos da Xunqueira a obra Chicho e a Santa Compaña. Forma parte do ciclo Teatrarte 2009. O prezo das entradas ascende a 4 € para o público en xeral, 2€ para xubilados e estudantes con carné. A función comezará ás 20,30 horas.


Xoan Curiel recibindo un premio

Vai de camiño trae a Redondela a música de Xoan Curiel e Miguel Fernández

Cultura 05/03/2009
  Envía a túa opinión

Os concertos terán lugar mañá venres as 20.30 horas, no auditorio do Multiusos da Xunqueira. O directo de Miguel Fernández componse de versións na súa maioría de temas clásicos das décadas dos 70, 80 e 90 en formato acústico cuns marcados arranxos folk que lle aportan unha nova visión ao repertorio. Así as guitarras e baixo acústicos, acordeón, violín, mandolina, percusións e por suposto as voces colorean de maneira diferente, orixinal e nova temas por moitos coñecidos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros