Envía a túa opinión
Xosé Manuel Beiras vén de cumprir 75 anos e o vindeiro 2012 cumpriranse 40 anos da publicación de O atraso económico de Galicia. Un amplo grupo de persoas de diferentes ámbitos, convoca unha homenaxe, coa disculpa das dúas efemérides na ampla e intensa biografía de Xosé Manuel Beiras, unha das voces que deixóu máis pegada na curta historia democrática do Parlamento Galego.
Envía a túa opinión
A pintora e ceramista fenesa, Carme Romero, presenta na Casa da Cultura de Fene unha colección de esculturas, vasillas e ao redor dunha ducia de cadros. En toda a obra exposta abordase a temática da muller e o mar, daí o título “Mulleres mariñas”.A exposición “Mulleres mariñas” permanecerá na Casa da Cultura de Fene dende o día 2 ao 16 de novembro.
Envía a túa opinión
O catedrático e membro da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero presentará en Fene un libro sobre o poeta Xosemaría Pérez Parallé o sábado dia 5 de novembro. A publicación recolle as ponencias presentadas no Congreso sobre Xosemaría Parallé que se celebrou en Barallobre en novembro do 2007. O acto celebrarase no mesmo lugar que o congreso, na Liga de Amigos de Barallobre. Por iniciativa do concello de Fene descubrirase unha placa adicada a Parallé no monumento ao camiñante ese mesmo día.Neste 1 de novembro cúmprese o aniversario da morte do segrel do Penedo, falecido en 1987.
Envía a túa opinión
O Albergue Alvarella de Doroña (Vilarmaior) organiza un curso de iniciación á ornitoloxia. Queren espertar a curiosidade sobre a vida das aves.
Envía a túa opinión
A asociación ecoloxista Aetna denunciou en setembro de 2009 o depósito de material presuntamente contaminante nunha parcela do polígono de Vilar do Colo en Fene. A raíz daquela protesta, o xulgado número 3 de Ferrol iniciou a denominada Operación Arena que culminou o pasado xoves coa detención do empresario de Pontedeume Fermín D. e coa demisión do deputado do PP Javier Escribano.