Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Vista do Museo Provincial, lugar onde se celebra o curso

A cuarta xornada do Curso de Arte Galega falará do Barroco lucense

Cultura 23/04/2009
  Envía a túa opinión

Hoxe terá lugar a cuarta xornada do VII Curso da Arte Galega no Museo Provincial de Lugo, organizado pola Deputación. O día comezará cedo, xa que a partir das 10.00 horas, a Doutora en Historia da Arte, Rosa Vázquez, o investigador Isidro Parga Pondal da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, desenrolarán o seu relatorio “A arte no camiño de peregrinación a Compostela na provincia de Lugo”


A deputada do BNG Olaia Fernández Dávila durante unha sesión do Congreso

Unanimidade do Congreso para que o Goberno evite o desplome dos prezos do leite en orixe

Sociedade 22/04/2009
  Envía a túa opinión

O Pleno do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade a iniciativa do BNG de instar ao Goberno a adoptar todos os mecanismos de intervención previstos na lei que eviten o desplome dos prezos pagados en orixe aos gandeiros, co obxectivo de impedir o abandono de moitas explotacións agrarias.


O Concello de Guitiriz segue coa súa política de sostibilidade

Guitiriz pon en marcha o Foro da Solidariedade integrado na Axenda 21 Local

Sociedade 22/04/2009
 9 comentario/s - Envía a túa opinión

A Casa Habanera do Concello de Guitiriz foi o espazo elixido para por en marcha o I Foro da Solidariedade, que finalizará o vindeiro domingo 26 de abril. Este evento, integrado na Axenda 21 Local, tenta promover a participación cidadá na vida económica, social e ambiental do municipio chairego.


A biblioteca de Xermade organiza un obradoiro e unha exposición para o Día do Libro

A Biblioteca de Xermade celebra o Día do Libro cun obradoiro de Ilustración e unha exposición itinerante

Sociedade 22/04/2009
  Envía a túa opinión

A Biblioteca pública de Xermade organizará un obradoiro de ilustración con motivo do Día Internacional do Libro. Esta actividade estará impartida polo debuxante Jacobo Fernández e terá lugar o vindeiro venres 24 ás 19.00 horas na sala infantil do edificio xermadino. Para poder participar é preciso inscribirse antes do 23 de abril no teléfono 982 50 10 55, a través do enderezo electrónico xermade@rbgalicia.org, ou acudindo á propia Bilblioteca. Este curso, dirixido a nenos maiores de 6 anos, é unha pequena iniciación á ilustración, que se porá en práctica creando unha personaxe e unha ilustración da mesma.


O Museo Provincial acollerá diversas actividades ata final de semana

A terceira xornada do VII Curso de Arte Galega do Museo Provincial xa está en marcha

Cultura 22/04/2009
  Envía a túa opinión

Hoxe terá lugar no Museo Provincial de Lugo a terceira xornada do VII Curso da Arte Galega cos relatorios “A imaxe nos Libros”, a cargo da profesora de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Rosa M. Cacheda Barreiro, ata as 12.00 horas; “A pintura nos mosteiros”, charla de Enrique Fernández Castiñeiras, profesor do mesmo departamento da USC, desde as 12.30 ata as 14.00 horas e, xa pola tarde, será a quenda do Director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, que falará, a partir das 17.45 horas, sobre “Os cruceiros en Galicia no Barroco”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros