Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

A estrada comunica Redondela co aeroporto de Peinador

Luces nas obras da estrada a Peinador

Sociedade 11/03/2009
  Envía a túa opinión

Fomento restablecerá a iluminación na N-555 no prazo dunha semana. Así o afirmou o alcalde, Xaime Rei, a raíz dunha pregunta plantexada polos populares na sesión plenaria celebrada na tarde de onte.O edil popular, Alberto Pazos mostrou a preocupación do seu grupo polo perigo que supón para condutores e peóns a falla de iluminación no tramo en obras da N-555, a estrada que une Redondela co aeroporto de Peinador ao seu paso pola parroquia de Vilar.


O Plan pretende potenciar o transporte público

O autobús entre Redondela e Vigo podería custar 71 céntimos

Institucional 11/03/2009
  Envía a túa opinión

Redondela aporta 75.000 euros ao plan de transporte da área metropolitana de Vigo. A súa posta en marcha reduciría o prezo do billete a 0’71 céntimos. Así o confirmou o concelleiro de urbanismo Emilio González Iglesias quen asegurou que dado o avanzado das negociacións este plan de transporte podería comezar a funcionar antes do verán “no prazo de dous ou tres meses” aínda que puntualizou que  “dependerá en gran medida das decisións que adopte a nova Consellería de Política Territorial do PP.


Por Redondela pasarán títeres de todo o mundo

Dez anos de xolda titiriteira en Redondela

Cultura 11/03/2009
  Envía a túa opinión

O Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) vai conmemorar o seu décimoaniversario nunha festiva edición que se celebrará do 18 ao 24 de Maio de 2009.De novo as rúas, prazas e xardíns da vila servirán de escenario para artistas,músicos e titiriteiros das máis variadasprocedencias.


O obradoiro ensinará técnicas básicas de defensa

Obradoiro de defensa persoal para mulleres en Soutomaior

Sociedade 10/03/2009
  Envía a túa opinión

O CIM de Soutomaior organiza un obradoiro de defensa persoal orientado a mulleres no que se aprenderá ás asistentes habilidades básicas para a defensa persoal ante calquera posible agresión.Entre outras cuestións as mulleres que participen adquirirán técnicas básica de loita e de golpeo así como técnicas específicas que permitirían ás mulleres defenderse antes as agresións das que son obxecto de xeito máis frecuente.


Cartel de Redondela en curto 09

Máis de 300 traballos no Redondela en curto

Cultura 10/03/2009
  Envía a túa opinión

Rematado o prazo de presentación de traballos, os organizadores do festival Redondela en Curto valoran moi positivamente o número de curtametraxes presentadas e esperan superar a cifra dos 300 traballos recibidos na anterior edición. O prazo de recepción de traballos estivo aberto ata o pasado domingo día 8 e, segundo explicou o director do certame, Fernando Carreira “Cuchi” están a espera de recibir as curtas que foron enviadas por correo para comezar xa o traballo de visionado e selección das dez curtas que logo serán proxectadas na semana do festival.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros