Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O Xornal de Galicia escolleu Vilalba para a súa presentación en Galicia

O vindeiro venres Vilalba acollerá a primeira presentación do diario Xornal de Galicia

Sociedade 21/04/2009
  Envía a túa opinión

O Terra Chá.Xa, Radiofusión, A voz de Vilalba e o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organizan a presentación da nova cabeceira Xornal de Galicia en Vilalba. O director do diario, José Luis Gómez, e o xornalista Moncho Paz, colaborador deste diario, serán os representantes deste novo medio de comunicación na vila chairega. Vilalba será a primeira localidade galega onte teña lugar un evento destas características desde a saída á rúa do diario de información xeral, en decembro de 2008. A presentación terá lugar o venres 24 de abril ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Vilalba (Praza de Suso Gayoso, s/nº).


A deputada do BNG Olaia Fernández Dávila

O Congreso debaterá hoxe a moción do BNG para que o Goberno defenda un prezo xusto do leite na UE

Sociedade 21/04/2009
  Envía a túa opinión

O Pleno do Congreso dos Deputados debaterá, a partir das 18.00 horas a moción da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, que insta ao Goberno a defender na Comisión Europea a necesidade de establecer un prezo de referencia en orixe para o leite a fin “de garantir rendas dignas aos produtores”.


Na imaxe, Eugenio Rodríguez, Director do Seminario, Regina Polín, alcaldesa de Guitiriz e Óscar Hermida, xerente do Ázkar

Guitiriz, USC e Fundación Ázkar Lugo F.S. organizarán un seminario sobre a comunicación e o deporte para xullo

Sociedade 21/04/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Guitiriz acollerá un seminario da Universidade de Verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Os días 17, 18 e 19 de xullo na Casa Habanera e no Telecentro da vila, profesionais de prestixio da comunicación nacional e local impartirán o curso “Comunicación e Deporte”. Esta formación é unha iniciativa do propio municipio chairego, da Fundación do Azkar Lugo F.S. e da institución compostelá.


O ciclistas desfrutaron da natureza e o bo tempo

167 ciclistas desfrutan da natureza e do deporte na VII Marcha a Monseivane de BTT

Sociedade 20/04/2009
  Envía a túa opinión

A VII Marcha a Monseivane de BTT, proba incluída na Copa Galega de Cicloturismo, saldouse cun aumento da participación, superouse en 35 ciclistas á Marcha do 2008, e un éxito en canto á organización e recorrido. A maioría dos 167 corredores destacaron a calidade da ruta escollida e a atención do equipo directivo durante os 60 quilómetros que pedalearon polos concellos de Vilalba e Abadín.


O lume foi menor que noutros anos de igual seca

O primeiro trimestre deixa un 51,84% menos de monte queimado que en anos coas mesmas condicións atmosféricas

Sociedade 17/04/2009
  Envía a túa opinión

A superficie afectada polos incendios forestais en Galicia durante o primeiro trimestre deste ano reduciuse nun 51,84% con respecto ao mesmo período dos exercicios 97, 98, 2000 e 2005, nos que se rexistraron índices semellantes de escaseza de precipitacións.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros