Desarticulado un “punto negro” de venta de droga en Redondela. Na operación detívose a un veciño da vila de 48 anos de idade quen pasou xa a disposición xudicial.Axentes de Policía nacional detiveron a S.O.L., de 48 anos de idade, veciño de Redondela como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.
O colectivo Alén Nós presentará este venres na Casa da Torre o libro “Sal, sardiñas e peiraos” nun acto que se desenvolverá ás 20:00 horas.O volume, obra de Alberte Román Losada, recolle o patrimonio marítimo e industrial da Enseada de San Simón, con referencias específicas as construccións aínda existentes no litoral como a fábrica do Alemán en Rande ou a I.M.E. (Industria Metalífera Española) na Portela.
O amor na súa acepción máis ampla é o argumento central do certame literario organizado polo Concello de Soutomaior co gallo do Dia das Letras Galegas. Por segundo ano consecutivo dende a Concellería de Xuventude anímase a todo o alumnado da ESO dos centros educativos Manuel Padín Troiteiro e Santiago Apostol a participar no concurso “Verbas para…namorar” no que se premia a mellor declaración de amor en lingua galega que, segundo se recolle nas bases, “pode ir dirixida a outras persoas, á natureza, a obxectos ou a calquera outra cousa que sexa capaz de espertar en nós sentimentos de amor”.
A voceira do PP en Redondela Francisca Canal comprométese a xestionar co novo goberno da Xunta a modificación do trazado da conexión da A-57 co aeroporto de Peinador.
A edil popular asegura que o seu partido cumprirá as promesas feitas durante a campaña electoral. Unha desas promesas fora cos veciños de O Viso, unha das parroquias redondeláns máis afectadas pola coñecida como alternativa 5 cuxo trazado, defendido dende o Ministerio de Fomento, partiría dende Vilaboa para rodear Arcade e Redondela en dirección ao alto de Puxeiros.
O programa de actividades que organiza a concellaría de Igualdade arrancará esta mesma tarde cunha charla coloquio que se desenvolverá ás 17:30 horas no centro cultural de Cedeira. Jorge González Ledo, licenciado en educación física, mestre no ximnasio municipal do Berbés ademáis de colaborador en temas de saúde e deporte no semanario A Nosa Terra será o encargado de impartir esta charla na que se pretende informar ás mulleres das diferentes actividades deportivas axeitadas a cada idade e ao estado físico das participantes.