Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O Obradoiro amosará a necesidade de axudar na casa

Vilalba pon en marcha un obradoiro sobre igualdade na casa

Sociedade 17/04/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Vilalba, en colaboración co Servizo Galego de Igualdade, porá en marcha un Obradoiro de Supervivencia Doméstica para Adolescentes, dirixido a rapaces e rapazas de 11 a 17 anos, para o 30 de abril. Con esta formación preténdese inculcar nos mais novos unha cultura de igualdade nas tarefas e traballos da casa, ademais do respecto pola muller e a parella.


Preto de 8.000 gandeiros galegos achegáronse a Madrid para protestar contra a crise do sector lácteo

A Manifestación gandeira de Madrid forza un plan de choque do MARM para axudar ás explotacións endebedadas

Sociedade 16/04/2009
  Envía a túa opinión

Preto de 8.000 gandeiros galegos, segundo as centrais sindicais agrarias, manifestáronse hoxe en Madrid para protestar contra a actual crise do sector lácteo. Baixo o lema Por un presente y un futuro para el sector lácteo español, os produtores expresaron a súas queixas xunto con compañeiros doutras comunidades autónomas como Asturias, Cantabria, Andalucía, Pais Vasco ou Castela León. Ao rematar a marcha, representantes das organizacións e cooperativas agrarias reuníronse coa Secretaria Xeral do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM), Alicia Villauriz e co Director Xeral de Recursos Agrícolas, Carlos Escribano, para entregarlles un documento coas súas demandas.


O prezo será unha das reclamacións do sector agrogandeiro en Madrid

Veterinarios e Fabricantes de alimentos para animais apoian a mobilización de mañá en Madrid

Sociedade 15/04/2009
  Envía a túa opinión

Os sectores veterinario e Fabricante de Alimentos para Compostos de Animais apoiarán a mobilización de mañá en Madrid. Especialmente implicados estarán os primeiros, que decidiron, por acordo asambleario do seu colectivo, pechar as portas dos seus negocios e desprazarse, xunto cos 5.000 gandeiros galegos, á capital de España para protestar pola grave crise que está a atravesar o mundo agrogandeiro.


O senador do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza

O BNG demándalle ao goberno un prezo mínimo para o leite e un control das importacións para evitar a competencia desleal

Sociedade 15/04/2009
  Envía a túa opinión

O senador do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, presentou unha iniciativa na Cámara Alta pola que lle demanda ao Goberno que estableza un prezo mínimo para o leite e que se controlen as importacións. En concreto, a moción consta de 5 puntos que, segundo o senador do BNG, permitirán loitar de forma efectiva contra a grave crise que sufre o sector lácteo galego.


Imaxe da Casa da Cultura de Vilalba

O Concello de Vilalba completa a remodelación da Casa da Cultura e amplía a rede WI-FI

Sociedade 14/04/2009
  Envía a túa opinión

A casa da Cultura de Vilalba completou a súa remodelación. Coa introdución do novo mobiliario no salón de actos, este organismo xa ten dispoñibles todas as súas zonas e servizos. Así, os usuarios que desexen acceder a internet poderano facer, sen límite de conexión nin contrasinal, xa sexa no ordenador situado na planta baixa do edificio ou ben desde calquera ordenador portátil na súa zona WI-FI.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros