Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Alejandro Paleo, Jesús Blanco Villar, Gerardo Criado e Emilio López Collazo, durante o acto de presentación da ruta

Blanco Villar e Alejandro Paleo apadriñan a VII Ruta Monseiban de BTT

Deportes 14/04/2009
  Envía a túa opinión

Os membros do Xacobeo Galicia, Jesús Blanco Villar e Alejandro Paleo, foron os padriños da VII Edición da Ruta Monseiban en BTT, organizada polo Club Ciclista Vilalba-As Pontes e presentada hoxe en Vilalba e que forma parte da Copa Galega de Cicloturismo. O día escollido para percorrer os 60 quilómetros dos que consta a marcha será o vindeiro domingo 19, e dará comezo ás 9.30 horas.


José Antonio Gómez Mato, presidente do APA Insúa Bermúdez, Carmen Hermida e Arturo Gómez Mato, secretarios desta institución durante a entrega do material

O APA do Insúa Bermúdez mellora a zona de xogos dos pequenos

Sociedade 14/04/2009
  Envía a túa opinión

Os pequenos do CEIP Insúa Bermúdez xa teñen unha nova zona onde poder desenrolar a súa imaxinación e pasar un bo rato cos seus amigos. O APA do colexio vilalbés ven de adquirir un tobogán e unha casiña para situalos no patio do centro educativo. A inversión total foi de 350 euros e é unha das primeiras accións programadas desde esta institución para o 2009.


Representantes de cooperativas e sindicatos agrarios durante a rolda de prensa

Madrid agarda mais de 5.000 gandeiros galegos para a manifestación do xoves 16

Sociedade 13/04/2009
  Envía a túa opinión

Mais de 5.000 gandeiros galegos acudirán, o vindeiro xoves 16, á manifestación organizada polos principais sindicatos agrarios en Madrid, segundo anunciaron hoxe en Vilalba as tres principais organizacións agrogandeiras galegas, Xóvenes Agricultores (X.X.A.A.), Sindicato Labrego Galego (S.L.G.) e Unións Agrarias (U.U.A.A.). A crise que está a vivir o sector, “a maior da historia” segundo os representantes agrarios, e a necesidade de conseguir unha maior implicación na defensa dos intereses dos produtores por parte do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, son algunhas das razóns que impulsan esta mobilización na capital de España.


Imaxe dunha das farolas da Rúa Domingo Goás

Catro Camiños pide ao Concello que mellore o alumeado das rúas Pepe Apenela e Domingo Goás

Sociedade 13/04/2009
  Envía a túa opinión

A Asociación Catro Camiños de Vilalba denuncia a persistente falta de alumeado nas rúas Pepe Apenela e Domingo Goás. A citada Asociación, tras manter varias conversas co alcalde da Vila, Gerardo Criado, insiste na necesidade de repoñer os farois que se retiraron hai catro anos e dotar da iluminación suficiente a esta zona, moi deficiente nas horas de noite.


Mobilización diante da sede de Leite Celta o pasado 13 de marzo

Os produtores non deben pagar a supertaxa a Leite Celta, segundo o SLG

Sociedade 08/04/2009
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego (SLG) informa de que os gandeiros non teñen a obriga de pagar a “supertaxa” esixida por Leite Celta. Segundo o sindicato agrario, o “único grupo de produtores que si teñen que pagar cantidades a Leite Celta son aqueles que na campaña 1995/1996 non tiñan asignada cota ningunha ou aquelas persoas que fixeran cesións temporais de cota relativas á campaña 95/96”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros