Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

As plantas incautadas

Interveñen en Chapela 37 plantas de marihuana

Sociedade 27/02/2009
  Envía a túa opinión

Detido un veciño de Chapela como presunto autor dun delito de tráfico de drogas. O mozo, de 22 anos de idade, tiña na súa vivenda unha plantación de marihuana cun total de 37 plantas.


Bateis e traiñeiras esta fin de semana na ría de Vigo

IV Memorial Paco Fenosa en lembranza de Francisco Loureiro

Sociedade 27/02/2009
  Envía a túa opinión

O IV Memorial Paco Fenosa de traiñeiras celebrarase o domingo 1 de marzo en Chapela. Trátase dunha proba amistosa que se celebrará na modalidade contra reloxo con saídas de minuto en minuto e na que participarán un total de 13 embarcacións.


Antroido de verán en Redondela (F.Luis Alves)

Enterro do berete en Chapela e baile de disfraces en Saxamonde

Sociedade 27/02/2009
  Envía a túa opinión

As festas do entroido chegan este fin de semana ao seu remate na parroquia de Chapela. Unha comitiva fúnebre partirá ás 19:00 horas dende o Alto da Encarnación en dirección a zona das Catro Pontes e finalizará na praia de Arealonga onde se oficiará o enterro do berete.


Desde Chapela, a autopista, a ria e as Cies (Fotografia Tomás R.Vigo)

Chapela de novo contra a ampliación da autoestrada a Vigo

Institucional 27/02/2009
  Envía a túa opinión

Chapela demanda na rúa a paralización do proxecto de ampliación da autoestrada. Por terceira vez en dúas semanas os veciños da parroquia están convocados a participar nunha nova protesta contra o proxecto de ampliación da AP-9. A manifestación sairá ás 20:00 horas dende o pavillón da parroquia e percorrerá a Avenida de Redondela ata o límite con Teis. Dende alí regresará ao punto de partida.


Fotografia: Tomás R.Vigo

Negociarán con Vitrasa as bonificacións

Sociedade 26/02/2009
  Envía a túa opinión

Servizos sociais negociará con Vitrasa unha solución para os usuarios que quedaron sen a tarxeta que lles permitía empregar o autobús de xeito gratuito. A edil Rosa Costas confirmou que dende o seu departamento solicitaron xa unha entrevista cos responsables da empresa de transportes para tentar atopar unha solución satisfactoria que evite os prexuizos que lles está a provocar, sobre todo aos xubilados de Chapela, a decisión de Caballero de subvencionar o Vitrasa só a aqueles pensionistas que estean empadroados en Vigo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros