Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

O equipo sénior da A.C. Órdenes de hockey, o equipo de xuvenís da S.D. Órdenes e o Vila de Ordes recibidos polo alcalde

Parabéns institucional aos equipos deportivos de Ordes que ascenderon de categoría

Deportes 22/06/2011
  Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibíu onte pola tarde na Casa do Concello a xogadores, corpos técnicos e directivas de tres equipos do municipio que conseguiron esta tempada o ascenso a categorías superiores en diferentes disciplinas: o equipo sénior da A.C. Órdenes de hockey, o equipo de xuvenís da S.D. Órdenes e os compoñentes do clube Vila de Ordes.


Local do PP de Ordes

Un artefacto no local do PP en Ordes causa danos materiais en media ducia de edificios

Sociedade 13/06/2011
  Envía a túa opinión

Un artefacto explosivo estalou na madrugada de hoxe na sede do PP de Ordes (A Coruña) e ocasionou danos materiais en media ducia de edificios, pero non houbo persoas feridas.  Segundo informaron  fontes policiais, tratouse dunha "forte" explosión sobre as 5.00 horas na sede do PP, situada nun baixo do edificio situado no número 10 da rúa de Campeiras. O artefacto tiña entre 500 e 700 gramos de pólvora prensada.


Visitas de escolares, reparto de libros ou contacontos foron algunhas das propostas desenvolvidas

As excursións polo río Mercurín chegan á biblioteca

Sociedade 03/06/2011
  Envía a túa opinión

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes celebrou durante todo este mes de maio infinidade de actividades que contaron cun alto grao de participación por parte de veciños e veciñas do municipio dende nenos a maiores. Así e con motivo do Día das Letras Galegas realizouse un reparto de libros e dvd´s entre os socios da biblioteca, e o pasado venres 27 de maio celebrouse unha nova sesión de contacontos enmarcada dentro do programa Tardes de Contos e Lendas. Unha sesión que contou cun novo éxito ao congregar a 71 pequenos e medio cento de adultos.


O Dúo Reinamar arrufará a festa

Galopando á Cabeza de Lobo

Sociedade 02/06/2011
  Envía a túa opinión

A parroquia ordense de Ardemil acollerá, este sábado, a celebración da I Xuntanza Cabalar que terá lugar en Cabeza de Lobo, na baixa de Ardemil. Os actos comezarán a partir das 9 da mañá e ao mediodía celebrarase unha gran churrascada que estará amenizada polo dúo Reinamar.


Medio cento de mozos e mozas ordenses participaron en cada unha das sesións nocturnas

Éxito de participación no ciclo de noites psicoeducativas

Sociedade 27/05/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes finalizaba o pasado sábado a segunda edición das Noites Psicoeducativas do programa FARO, programa que ten como obxectivo a prevención no consumo de alcol e a inserción social das persoas afectadas. Arredor de medio cento de mozos e mozas ordenses de entre 12 e 18 anos participaron en cada unha das sesións que se celebraron nas noites dos pasados 7, 14 e 21 de maio no pavillón municipal do Paraíso.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros