Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Alberto Núñez Feijoo no Parlamento de Galicia

O persoal de confianza da Xunta custa 7 millóns anuais, segundo o PSdeG

Sociedade 04/08/2012
  Envía a túa opinión

As nóminas do persoal eventual dos gabinetes da Xunta de Galicia e dos asesores do departamento de Alberto Núñez Feijoo alcanzan os 7 millóns de euros anuais, segundo a denuncia do PSdeG PSOE, citando os orzamentos xerais da administración autonómica. No conxunto da lexislatura os citados gastos superan os 28 millóns de euros, cantidade apuntada esta semana polo xornal ourensán La Región.


Cartaz do proxecto

Lembrar no museo. Ribadavia co Alzheimer

Sociedade 24/07/2012
  Envía a túa opinión

O Museo Etnolóxico de Ribadavia alberga dentro dos seus muros un rico patrimonio cultural que desempeña un papel importante na construción da memoria e na percepción da identidade. Considerando o beneficio que o manexo dese patrimonio ten para as persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer e cumprindo a función social propia dun museo público, o Museo Etnolóxico de Ribadavia elaborou, no marco do programa Museo Aberto, o proxecto Lembrar no Museo, destinado ás persoas afectadas por esta enfermidade.


A MIT reforza o seu carácter internacional

Unha compañía francesa representa en Ribadavia “As crónicas do Sochantre”

Cultura 21/07/2012
  Envía a túa opinión

No marco da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), Les Anachroniques demostrará que a literatura galega traspasa fronteiras e esperta o interese de creadores estranxeiros. Esta compañía francesa amosará por vez primeira no Estado a súa versión de As crónicas do Sochantre. Representarán o clásico de Álvaro Cunqueiro o día 27, a partir das nove da noite, no Auditorio do Castelo.


Roda de prensa de Jorquera

Jorquera defende en Ourense o Preescolar na casa

Sociedade 25/06/2012
  Envía a túa opinión

Jorquera estivo esta mañá en Ourense para reunirse con pais, nais, e traballadores de Preescolar na Casa, un programa destinado á educación infantil dos nenos e nenas do rural, que está ameazado de peche polos recortes do goberno de Feijoo. Canda o candidato do BNG á presidencia da Xunta, estiveron os deputados no Parlamento Galego, Tereixa Paz, Alfredo Suárez Canal e Carme Adán, e a portavoz municipal, Isabel Pérez, entre outros.  O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, demandou tamén hoxe que o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijoo, “sexa o primeiro en comparecer na Comisión de Investigación das caixas galegas, porque ten responsabilidade directa da situación na que están”.


Galeano acudirá a Ourense o 13 de xuño

A crise procede dun círculo moi pequeno de banqueiros omnipotentes, segundo Galeano

Sociedade 14/04/2012
  Envía a túa opinión

"O medo real a perder o traballo ou a non atopalo é a fonte de inseguridade máis importante" afirma o escritor uruguaio Eduardo Galeano, ao fio da presentación do seu último libro "Los hijos de los días". O volume recolle 366 historias de mulleres, dos invisibeis, de negros, indios, as culturas e as xentes ignoradas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros