Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Alumnado do IES A Cachada de Boiro (A Coruña)

Historias de emigracións

Sociedade 18/10/2011
  Envía a túa opinión

O proxecto Ciconi@ do IES A Cachada de Boiro foi premiado o pasado luns 17 de outubro polo conxunto das pezas audiovisuais presentadas ao 16 Festival de Cine Internacional de Ourense. Ciconi@ desenvolveuse durante o pasado curso escolar e nel o alumnado investigou o tema das migracións. O xurado valorou moi positivamente o xeito no que os valores democráticos e humanos foron tratados nestes traballos elaborados polo alumnado.


Francisco Caamaño hoxe en Santiago de Compostela

A Xunta ten que investigar ás prexubilacións de ouro, segundo o ministro de Xustiza

Sociedade 07/10/2011
  Envía a túa opinión

O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, reclamou este venres que haxa "unha investigación" sobre as indemnizacións outorgadas na saída de directivos de Novacaixagalicia (NCG), que cualifica de "indecentes", á vez que pediu que se depuren responsabilidades. "Debe haber unha investigación e, se existen indicios de delito, chegar ata o fondo", manifestou en declaracións aos medios, antes de participar nun acto das xuras de letrados no Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, preguntado por se a Xustiza debería intervir ante as compensacións económicas que recibiron ex directivos da entidade galega.


“Hai un perigo potencial para os traballadores do mar”, declarou Soneira

O PP rexeita unha iniciativa socialista para modificar a regulación dos aparellos de pesca

Institucional 08/09/2011
  Envía a túa opinión

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, interveu hoxe na Comisión 8ª do Parlamento para reclamar á Xunta modificar o artigo 11 do decreto 15/2011 de 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, para garantir que a norma de balizamento das artes ou aparellos fixos se adecúe ás características da flota facendo distinción entre  embarcacións en función do seu porte. Tamén pide que a normativa non implique mingua da seguridade no exercicio da actividade nin para a navegación, e que se adecúen aos productos existentes no mercado en materia de balizamento. A proposta foi rexeitada polo PP.


A cita desenvolverase do 10 ao 18 de setembro

A Feira do Moble de A Estrada latexa con máis forza no seu XXV aniversario

Sociedade 05/09/2011
  Envía a túa opinión

A Feira do Moble de Galicia cumpre este ano o seu vixésimo quinto aniversario. Do 10 ao 18 de setembro, A Estrada convértese de novo na capital do moble cun elenco variado de firmas expositoras. Co gallo das vodas de prata, nesta edición haberá un lugar reservado á historia da feira e aos agradecementos ás persoas, que ao longo deste tempo, colaboraron ou visitaron a mostra. A Cámara de Comercio de Ferrol acolleu este mediodía a presentación oficial da XXV da feira que terá a súa réplica este xoves en Pontevedra.


Maria Damanaki, comisaria europea de Pesca

A reforma de Damanaki esperta un clamor en contra no sector pesqueiro galego

Sociedade 17/07/2011
  Envía a túa opinión

Máis de 10.000 postos de traballo poderían estar en xogo en Galicia, que posúe case a metade da frota pesqueira do Estado, segundo os cálculos da Federación Española de Pesca. Sería o peor resultado dunha reforma da Política Pesqueira Común que non atendese ás necesidades do sector galego. E iso, precisamente, é o que estaría a piques de se producir se prospera a proposta adiantada pola comisaria europea do ramo, Maria Damanaki, e que o vindeiro martes vai ser sometida á consideración do Consello de Ministros dos 27. “Decepción”, “preocupante”, “defraudados”, son as primeiras palabras que brotaron en Galicia ao coñecer o contido dun documento que primaría o aspecto medioambental da pesca, pero que tampouco satisfai por completo aos ecoloxistas. A voceira de Pesca do PSdeG, Marisol Soneira, demandou en Radiofusiòn que a Consellaría de Mar convoque ás forzas parlamentarias para acordar unha réplica unitaria.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros