Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

O evento continúa malia os recortes orzamentarios

Arzúa aposta un ano máis pola maior feira ecolóxica de Galicia

Sociedade 09/11/2012
  Envía a túa opinión

Os días 17 e 18 de novembro celebrarase en Arzúa unha nova edición da maior feira ecolóxica de Galicia. A pesar de non contar, por primeira vez, co financiamento da Deputación da Coruña, o Concello decidiu continuar co evento. Así, os produtos naturais, os máis innovadores, as terapias alternativas e as produtoras e produtores locais -das feiras do 8 e 22- encherán o Recinto Feiral Terra do Queixo. As solicitudes para contar cun stand na IX edición da Feira Ecolóxica de Arzúa superaron en poucos días o límite de espazo físico da sede, o que asegura o “éxito” do evento, afirma o responsable de Culturactiva SCG, empresa xestora da Feira, Manuel Vicente. O público que asista terá ao seu dispór máis de trinta postos de diversos produtos e servizos naturais.


O colectivo ecoloxista homenaxeará tamén a Xosé Reigosa

Verdegaia recoñece co premio Semente os traballos a prol da soberanía alimentar

Sociedade 23/09/2012
  Envía a túa opinión

Verdegaia decidiu recoñecer, co seu premio Semente, ás persoas e colectivos que traballan a prol da soberanía alimentar e sinalar negativamente, co Cemento, as empresas e institucións que se atopan detrás dos proxectos de fumigación dos montes. Os Semente-Cemento son galardóns outorgados pola base asociativa deste colectivo ecoloxista para destacar as actuacións que consideran máis relevantes do ano en relación ao medio, tanto no positivo como no negativo. O acto de entrega terá lugar este domingo en Santiago.


Imaxe de persoa amputada

Andade promove por primeira vez en Galiza unha xornada destinada a persoas amputadas

Sociedade 13/09/2012
  Envía a túa opinión

O vindeiro día 22 de setembro terá lugar, por primeira vez en Galicia, a “Xornada demostrativa de portas abertas para amputados/as galegos/as” en Lestedo- Boqueixón, no Restaurante Vía da Prata, sito na rúa de Pazos, nº 16, en horario de 9:30, a 16:00. Nesta xornada, promovida pola asociación ANDADE, a empresa OTT.BOCK Ibérica presentará as últimas novidades en próteses, e dará resposta ás preguntas e inquedanzas dos amputados/as alí presentes.


Abella polinizando

A produción de mel mantense estable

Sociedade 03/08/2012
  Envía a túa opinión

A produción etiquetada de Mel de Galicia permaneceu estable nos últimos anos. Rexístrase un pequeno descenso no número de apicultores pero medran as colmeas e a produción. Iso a pesar das advertencias dos apicultores das consecuencias dañinas para as abellas das fumigacións xeneralizadas. No 2007, 410 apicultores con 30.952 colmeas producian 304 toneladas de mel etiquetada coa Indicación Xeográfica Protexida. No 2010, 392 apicultores con 32.419 colmeas venderon 363 toneladas.


Xosé Manuel Beiras

Beiras: "Chegou a hora da República"

Sociedade 15/07/2012
  Envía a túa opinión

Un discurso de Xosé Manuel Beiras serviu de colofón -ao fío da medianoite- da asemblea constituinte de Anova - Irmandade Nacionalista, formación que pretende diferenciarse do mapa político existente, construindo unha forza na que prime a horizontalidade e a participación. O cónclave, reunido no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela contou coa presencia de máis de 500 persoas que interviron activamente nuns prolongados debates.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros