Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Polideportivo do Colexio Penarredonda (A Coruña)

O Supremo anula as subvencións aos colexios que segregan por sexo

Sociedade 07/07/2014
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

O Tribunal Supremo anulou os concertos educativos da Xunta de Galicia con cinco colexios privados da Coruña e Pontevedra que escolarizan a alumnos dun único sexo. A Sala do Contencioso-Administrativo do alto tribunal estima o recurso da Confederación Intersindical Galega (CIG- Ensino) ) e declara a nulidade da orde da Consellería de Educación de 26 de agosto de 2009 na parte que afecta á concesión de axudas aos centros docentes privados Peñarredonda, Montespiño, Aloia, As Acacias e Montecastelo.


Torre de Breoghán pon música á lenda de Ith

Unha “ópera-folc” sobre os Milesians

Cultura 22/06/2014
  Envía a túa opinión

Unha viaxe única a través da lenda dos Milesians a bordo dunha nave mecida pola música. Para Bieito Romero, líder de Luar na Lubre, Torre de Breoghán convírtese nun “soño cumprido, un proxecto inspirado na historia da nosa cidade cunha das mellores orquestras españolas e europeas. Trátase de ofrecer calidade a través da maridaxe de dous referentes galegos a nivel musical”. Este concerto xirará por España e por Europa con outras orquestras e terá unha versión CD, un filme dirixido por Jorge Coira e un libro a cargo do poeta Xabier Cordal. Os arranxos corren a cargo do músico coruñés Nani García, a dirección musical a cargo de Diego García, a escenografía é cousa de Franc Aleu (compañeiro de viaxe de La Fura dels Baus) e o deseño, de Estefanía Cagigao. Luar na Lubre e a Orquestra Sinfónica de Galicia estrean no Palacio da Ópera da Coruña hoxe domingo 22 de xuño ‘Torre de Breoghán’, un ambicioso proxecto que inclúe un espectacular directo que recrea unha ancestral historia épica con A Coruña, Galicia e Irlanda como protagonistas


Autobús do Deportivo festexando o ascenso

Brindo polo ascenso á Primeira División

Sociedade 01/06/2014
  Envía a túa opinión

"Brindo pola volta á Primeira División". O twitter de Bebeto resume a euforia da afección polo retorno do Deportivo da Coruña á Primeira División do fútbol. Ä falta dunha xornada para o remate da Liga, o equipo coruñés asegurou o ascenso tras vencer por 1-0 ao Jaén nun estadio de Riazor ateigado con máis de 30.000 afeizoados.Xogadores, adestrador e directiva acudiron a unha festa que se prolongou ata a madrugada na Praza dos Catro Camiños.


Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. 2010

Viñetas para a Igualdade

Sociedade 29/05/2014
  Envía a túa opinión

A Deputación da Coruña entregou na Biblioteca Provincial os premios aos gañadores do V Concurso de Viñetas para a Igualdade convocado baixo o lema “Dá igual? Igual non dá”. Os gañadores Cristian Fojón Caruncho, Noelia Justo Fernández e Pedro Bouza Bernárdez, recibiron das mans do presidente da Deputación, Diego Calvo, os seus obsequios, unha tableta electrónica e unha colección de libros de banda deseñada.


Carteis das eleccións europeas 2014

Torbón de luz sobre pituxa Europa sen astrónomos

Sociedade 26/05/2014
  Envía a túa opinión

O PP (16) perde oito escanos  e o PSOE (14) descende en nove. Irrompe Podemos de Pablo Iglesias con cinco eurodeputados. A cidadanía en Catalunya participou de xeito masivo nestas eleccións europeas A participación nesa comunidade neste vintecinco de maio superou en caseque dez puntos á rexistrada hai cinco anos. En Galicia os resultados de cada forza política son os seguintes: P.P.35,21%, PSOE 21,73%, AGE 10,52%, PODEMOS 8,33%, BNG 7,90%, UPyD 3,47%. Saen eurodeputadas Lidia Senra (AGE) e Ana Miranda (BNG) quen compartirá escano con Bildu.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros