Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Imaxe dunha das farolas da Rúa Domingo Goás

Catro Camiños pide ao Concello que mellore o alumeado das rúas Pepe Apenela e Domingo Goás

Sociedade 13/04/2009
  Envía a túa opinión

A Asociación Catro Camiños de Vilalba denuncia a persistente falta de alumeado nas rúas Pepe Apenela e Domingo Goás. A citada Asociación, tras manter varias conversas co alcalde da Vila, Gerardo Criado, insiste na necesidade de repoñer os farois que se retiraron hai catro anos e dotar da iluminación suficiente a esta zona, moi deficiente nas horas de noite.


Mobilización diante da sede de Leite Celta o pasado 13 de marzo

Os produtores non deben pagar a supertaxa a Leite Celta, segundo o SLG

Sociedade 08/04/2009
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego (SLG) informa de que os gandeiros non teñen a obriga de pagar a “supertaxa” esixida por Leite Celta. Segundo o sindicato agrario, o “único grupo de produtores que si teñen que pagar cantidades a Leite Celta son aqueles que na campaña 1995/1996 non tiñan asignada cota ningunha ou aquelas persoas que fixeran cesións temporais de cota relativas á campaña 95/96”.


As parcelas agrarias poden optimizarse mediante o BanTeGal

A FAO aplicará o modelo do Banco de Terras na Europa do leste

Sociedade 08/04/2009
  Envía a túa opinión

A FAO recoñeceu a importancia do Banco de Terras como proxecto útil para o aproveitamento da superficie agraria e o incorporará aos seus proxectos en Croacia, Bosnia-Herzegovina e Albania. A través dunha comunicación remitida pola Oficina Rexional da FAO para Europa e Asia Central á Consellería de Medio Rural, esta organización agradeceu a organización do Seminario de Tenencia de Terra e Concentración Parcelaria-Instrumentos de Xestión de Terras e Ferramentas de Información para asistir ás reformas agrarias, ademais de referirse ás experiencias en bancos de terras como “de gran relevancia”.


Vista da Central Térmica de As pontes

A ENAC faculta á UPT da Central Térmica de As Pontes para realizar ensaios de carbón

Sociedade 08/04/2009
  Envía a túa opinión

O laboratorio da Unidade de Produción Térmica (UPT) da Central Eléctrica de As Pontes conta coa competencia técnica para realizar ensaios de carbón, gracias a acreditación da ENAC segundo a norma UNE-EN-ISO 17025. Este documento chega despois dun proceso que se estendeu ao longo dos dous últimos anos e pon de manifesto a elevada cualificación do persoal do laboratorio, a corrección dos seus procedementos e a fiabilidade dos seus resultados, que teñen o recoñecemento da Administración Pública.


Os cinco alcaldes navegan pola páxina da Mancomunidade

A Mancomunidade da Terra Chá xa ten o seu espazo na rede

Sociedade 07/04/2009
  Envía a túa opinión

“Imaxina un mundo. Terra Chá, un mundo por coñecer”. Con este lema a Mancomunidade da Terra Chá presentou as súas novas accións, que teñen como punto forte a súa nova web que, en verbas do seu presidente, o alcalde de Cospeito Armando Castosa, “supoñen un paso mais para dar a coñecer as excelencias dos cinco concellos membros”. Esta nova ferramenta permitirá acceder a información útil para todos aqueles que estean interesados en achar novas rutas culturais, gastronómicas e naturais, xa que ofrece datos sobre museos, establecementos hostaleiros, sitios de interese, actividades deportivas, feiras e eventos e medios de transporte.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros