Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Fotografia: Luisbess (www.flickr.com)

Tramitan reclamacións por cobros irregulares de Unión Fenosa

Sociedade 20/02/2009
  Envía a túa opinión

Redondela reclamará a Fenosa a revisión da facturas emitidas irregularmente nos meses de decembro e xaneiro. Ante o aluvión de queixas recibidas na OMIC, os responsables municipais decidiron xestionar estas queixas e presentar unha denuncia ante Unión Fenosa. Segundo explicou a concelleira responsable do departamento, Isabel Castro Piedras, o obxectivo último é conseguir que a empresa eléctrica devolva aos usuarios as cantidades cobradas irregularmente e se emitan novas facturas onde o cobro se corresponda coa enerxía consumida.


Foto: Tomás R.Vigo

O autobús dos xubilados de Chapela

Sociedade 20/02/2009
  Envía a túa opinión

A concellería de servizos sociais buscará solucións para evitar os prexuizos que lles vai provocar aos xubilados de Chapela a decisión de Caballero de subvencionar o Vitrasa  só a aqueles xubilados que estean empadroados en Vigo. A edil Rosa Costas mostrou a súa preocupación pola eliminación do servizo de tarxeta para pensionistas a aqueles xubilados que non residan ou consten como empadroados na cidade olívica


Redondela conta cun público entendido no teatro

Unha primavera para Aldara, algo máis que risa fácil

Cultura 20/02/2009
  Envía a túa opinión

O teatro tamén terá o seu oco neste entroido coa representación mañá sábado no multiusos da Xunqueira da obra Unha primavera para Aldara a cargo da compañía Teatro do Atlántico. Unha obra situada no s. XV no interior dun mosteiro galego e que nos vai presentar unha acción alonxada das típicas comedias de situación.


O BNG pregunta no Congreso polos vertidos das obras do AVE nos ríos Alvedosa e Verdugo.

Sociedade 12/02/2009
  Envía a túa opinión

A deputada do BNG por Pontevedra, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentaria na que pide explicacións ao Ministerio de Fomento polos vertidos producidos polas obras do tren de alta velocidade aos ríos Alvedosa e Verdugo, nos concellos de Redondela e Soutomaior. Davila denuncia que os “vertidos de lama son continuados” segundo un informe elaborado polas autoridades municipais de Redondela.


Fernández de la Vega encende a Miñoca

Sociedade 11/02/2009
  Envía a túa opinión

O Goberno central investirá 30 millóns de euros na ampliación da ponte de Rande e no acceso da AP-9 A Coruña. Así o anunciou esta mañá a vicepresidenta do goberno, María Teresa Fernández de la Vega, durante a inauguración das obras do túnel da Madroa, que unirá o Val do Maceiras, en Redondela, coa cidade de Vigo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros