Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 22 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Os cinco alcaldes navegan pola páxina da Mancomunidade

A Mancomunidade da Terra Chá xa ten o seu espazo na rede

Sociedade 07/04/2009
  Envía a túa opinión

“Imaxina un mundo. Terra Chá, un mundo por coñecer”. Con este lema a Mancomunidade da Terra Chá presentou as súas novas accións, que teñen como punto forte a súa nova web que, en verbas do seu presidente, o alcalde de Cospeito Armando Castosa, “supoñen un paso mais para dar a coñecer as excelencias dos cinco concellos membros”. Esta nova ferramenta permitirá acceder a información útil para todos aqueles que estean interesados en achar novas rutas culturais, gastronómicas e naturais, xa que ofrece datos sobre museos, establecementos hostaleiros, sitios de interese, actividades deportivas, feiras e eventos e medios de transporte.


A DOP do Queixo de San Simón disporá dunha axuda de 25.000 euros

Medio Rural concede unha subvención de 25.000 euros á DOP de San Simón

Sociedade 07/04/2009
  Envía a túa opinión

A Consellería de Medio Rural concedeu unha subvención de 25.000 euros á Denominación de Orixe Protexida (DOP) Queixo de San Simón da Costa. A axuda estará fraccionada en dous pagamentos para facilitar o financiamento dos gastos realizados a comezos de ano. O primeiro será de 15.100 euros mentres que o segundo constará de 9.900.


Cartel do torneo

Alexandre de Fisterra revive en Rábade

Deportes 06/04/2009
  Envía a túa opinión

A XII edición do Gran Máster Nacional de Futbolín de Rábade xa está en marcha. Os amantes deste xogo, inventado polo galego Alexandre de Fisterra, poderán demostrar a súa habilidade nun dos certames con mais sona de España. O xoves é o día elixido para que comecen, no municipio chairego, as modalidades de Infantil, Feminino, Parado, En Movemento e Combinado. As inscricións custarán 30 euros e pecharanse este mércores ás 14.00 horas.


Os loitadores Janice López e David Ansede

O Jansu faise cun ouro e unha prata en Ourense

Sociedade 06/04/2009
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Os equipos Alevín A e Benxamín A do Club Taekwondo Vilalba Jansu Congelados Asturagalaicos veñen de obter sendas medallas de ouro e prata respectivamente na modalidade de exhibición na Primeira Edición do Deporte Escolar, que tivo lugar no pavillón de Los Remedios en Ourense. Este éxito os coloca na fase final a nivel autonómico que se celebrará o 18 de abril na cidade das Burgas.


O problema lácteo deberá ser debatido no Congreso dos Deputados

O BNG presenta unha moción no Pleno do Congreso para regular os prezos do leite

Sociedade 06/04/2009
  Envía a túa opinión

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha moción que insta ao Goberno a defender, perante a Comisión Europea, a necesidade de establecer un prezo de referencia en orixe para o sector produtor de leite, de maneira que se garantan rendas dignas aos gandeiros. Así, o partido nacionalista levará a debate e votación no próximo Pleno que se convoque na Cámara Baixa este grave problema que está a afectar ao sector agrogandeiro galego.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros